José María Aznar, en Antena 3: A suma de intereses fronte a un inimigo común

El expresidente José María Aznar.
El expresidente José María Aznar.

Non é so que Aznar considere que este goberno é un desastre, que tamén, senón que non perdoa a actitude pusilánime da actual cúpula do seu partido, á hora de defender unha xestión, a súa.

José María Aznar, en Antena 3: A suma de intereses fronte a un inimigo común

Tiña a ocasión de xantar hai uns días na capital do Estado cun alto executivo da canle televisiva Antena 3, na que me contaba como o expresidente do Goberno José María Aznar facía unha chamada ao presidente do grupo televisivo, José Manuel Lara, pedindo unha entrevista no chamado prime time, despois de que certamente rexeitara en varias ocasións os ofrecementos por parte dos seus servizos informativos.

Aznar vive nunha nube cegada por un ego desmedido, na que observa ao común dos mortais por riba do ombreiro, mentres para os seus adentros analiza unha situación social e económica certamente catastrófica para a que so cre ter as receitas axeitadas. Mais non nos enganemos, o presidente do grupo Antena 3, sérvese de Aznar para presionar contra a eliminación de concesións de TDT, que tanto lle preocupa -pola súa repercusión económica-, a Lara. Polo tanto debemos ter claro que non é unha inocente entrevista televisiva máis, senón a suma de intereses fronte a un inimigo común.

Non é so que Aznar considere que este goberno é un desastre, que tamén, senón que non perdoa a actitude pusilánime da actual cúpula do seu partido, á hora de defender unha xestión, nos tempos nos que con man de ferro mandaba o de Quintanilla de Onésimo, agora atacada dende todas as frontes polas presuntas irregularidades en canto a financiamento e sobresoldos que aparecen día si e día tamén nos media. O chamado 'caso Bárcenas' é unha bomba de reloxería dentro do Partido Popular, que algúns a modo de tedax políticos, intentan controlar o seu estalido, desviando as súas repercusións a outros tempos, cando foi o actual presidente do PP quen nomeou tesoureiro a quen agora semella non recoñecer. E así é a política, Rajoy fuxe cara adiante mentres Aznar revólvese na súa cadeira de impunidade cando ve, con grande irritación, como o que criou eran unha vez máis corvos.

Haberá máis episodios desta traxicomedia, segundo me contan, porque as armas arreboladizas contra o actual gabinete central non están como lle gusta dicir ao ex presidente “en desertos moi remotos nin en montañas moi afastadas”, e xa hai lacaios dispostos a inmolarse polo que foi o vello líder, en forma de baróns autonómicos e lideresas teimudas, cuxas actitudes de pouca lealdade ao partido no que militan, serían obxecto de actuación por parte do Comité de Garantías se dun humilde cargo local ou militante se tratase.

Ou non?

José María Aznar, en Antena 3: A suma de intereses fronte a un inimigo común
Comentarios