Casos como o de Snowden daranse cada vez en maior número e con maior frecuencia

Activista en defensa de Snowden.
Activista en defensa de Snowden.
Os 'whistleblowers', quen sacan á luz pública as actitudes deshonestas e viles das redes autoritarias, xorden case sempre dende dentro: Edward Snowden unicamente é o último exemplo doutros moitos.
Casos como o de Snowden daranse cada vez en maior número e con maior frecuencia

Todos somos insurrectos en potencia. Dentro nosa descansa a capacidade para desmontar a calquera forza autoritaria transformando a multitude nun exército difuso de vontades desobedientes.

Para iso a masa debe desaparecer, o actor gregario de movemento mastodóntico e predicible ten que deixar paso a un actor invisible e soluble. A medio camiño entre un líquido e un gas, cunha alta capacidade de penetración en calquera estrutura, mimetizando a súa forma, pero transformando decisivamente o seu contido. Un salto esixente en canto, mentres a masa define a súa forma e obxectivos concretos dentro da masa, a insurrección esixe unha ausencia total de forma e obxectivos definidos antes de iniciar a acción revolucionaria.

Tal cousa non semella, e non é, sinxela en absoluto. Pero hai certas vantaxes que convén ter presentes e que fan a insurrección, sobre todo neste inicio do s. XXI, máis posible (e probable) do que nunca antes foi –e quizais esteamos moi preto de facer da insurrección unha acción social inevitable.

O primeiro punto favorable  é que a insurrección non precisa ser rede para a súa existencia senón, só, dispoñer de unha rede para a súa posibilidade e difusión. A masa constrúese con un infinito de puntos, pero a insurrección só precisa de un punto. Mentres a rede é constitutiva á existencia da masa, coa súa construción é cando a masa existe e por tanto define a súa posibilidade de acción, para a insurrección unicamente é instrumental.

A rede posibilita un reforzo e un apoio das accións insurrectas pero en absoluto as evita, e ademais a insurrección aproveita redes ex forma en todas as súas posibilidades: mesmo as redes dos poderes autoritarios serven para a materialización dunha acción insurrecta, mentres que a masa fai do poder da súa rede constitutiva o seu único recurso deste tipo.

O segundo punto é que, precisamente polo dito, a insurrección se converte en imprevisible para as autoridades de poder, pois pode xurdir en calquera sitio e en calquera momento. Todos somos un punto e controlar a todos os puntos resulta, para calquera autoridade, un imposible. De feito, as redes de poder observan cara a fóra co que a posibilidade de infiltración da insurrección pode tomar vantaxe e xurdir das súas mesmas entrañas.

Por iso os whistleblowers, quen sacan á luz pública as actitudes deshonestas e viles das redes autoritarias, xorden case sempre dende dentro: Edward Snowden unicamente é o último exemplo doutros moitos que estarán dispoñibles cada vez en maior número e con maior frecuencia.

E finalmente, o medo das redes autoritarias resulta moito máis evidente e exacerbado cunha ameaza difusa ca cunha ameaza masiva. Unha ameaza masiva pódese reprimir mesmo facendo uso dos discursos da violencia, pero unha ameaza difusa pode golpear de múltiples xeitos e, precisamente por iso, esixe das autoridades unha flexibilidade incompatible coa súa natureza rochosa.

Gas e líquido no lado da insurrección, contra a rocha da autoridade. Na guerra do tempo a erosión insurrecta acabará coa autoridade intolerante antes ou despois, unicamente semella unha cuestión de tempo. Ironicamente, canto máis se resista a autoridade máis preto quedará o seu final.

Deste xeito, a faísca da insurrección se sitúa na fase orixinaria da decisión, de tomar a iniciativa e concienciarse para vivir dentro dunha rede autoritaria preparándose para o seu combate, camuflándose para a nova guerra que se está comezando a librar. Pois mentres as redes autoritarias comezan xa a controlar todas as posibilidades, a nós esta guerra aínda nos colle no punto onde nos damos conta que a estamos librando.

Con todo, cada vez é máis evidente e, para o noso optimismo, temos xente preparada que comeza a librala pola súa conta como gotas de auga. Pronto, se os puntos insurrectos se multiplican, as gotas formarán olas, tsunamis e, nunha destas, a súa forza chegará á beira entón…

Casos como o de Snowden daranse cada vez en maior número e con maior frecuencia
Comentarios