A importancia dun resultado electoral: a chegada de Fraga á política galega

Tres ex presidentes de Galicia: Albor, Laxe e Fraga.
Tres ex presidentes de Galicia: Albor, Laxe y Fraga.

As eleccións galegas de 1989 foron particularmente decisivas: ademáis da solidez estrutural do PP, o liderado de Fraga contribuíu a decapitar o proxecto de conformación dunha dereita galeguista.

A importancia dun resultado electoral: a chegada de Fraga á política galega

As eleccións galegas de 1989 foron particularmente decisivas: ademáis da solidez estrutural do PP, o liderado de Fraga contribuíu a decapitar o proxecto de conformación dunha dereita galeguista.

O calendario destes días convida a revisar o tempo transcorrido e, de paso, alimenta novas ilusións para un futuro mais ou menos inmediato. A mirada retrospectiva serve para calibrar mellor a importancia de certos acontecementos. Ao cabo, a distancia temporal non ten que ser un incentivo para o esquecemento senón para a reflexión construtiva.

Cúmprense agora 25 anos da chegada de Manuel Fraga á presidencia da Xunta. O trunfo electoral rexistrado no mes de decembro de 1989 foi tan axustado que permite realizar un atractivo exercicio de especulación mental: qué tería sucedido na vida política galega se o PP non acadara, daquela, a cifra de 38 deputados?

A configuración dun hipotético goberno alternativo sobre a base de acordos ou compromisos entre PSdeG - PSOE, Coalición Galega, Partido Nacionalista Galego, BNG e PSG-EG suporía, de entrada, o fracaso da operación retorno deseñada  por Fraga e debilitaría a consolidación do PP como partido hexemónico nas institucións do autogoberno galego. Tal circunstancia, ademais, podería facilitar a recomposición do mapa político cunha maior presenza das catro forzas que conformaban o universo galeguista daquel momento.

O resultado de 1989 e a posterior modificación da lei electoral promovida polo ex –ministro franquista rematou definitivamente coa viabilidade de CG e favoreceu a converxencia de diferentes segmentos nacionalistas na casa común que representou o BNG. A partir de 1993 -e durante case vinte anos- o Parlamento do Hórreo funcionou con tres formacións políticas e o PP só perdeu a maioría absoluta na lexislatura que comezou en 2005.

Dende as primeiras eleccións autonómicas celebradas ao remate de 1981, o dominio político do PP só foi interrompido en dúas ocasións: no bienio 1987-1989 como consecuencia da moción de censura que abriu a porta ao tripartito de PSdeG/CG/PNG e no período 2005-2009 por mor da coalición entre socialistas e BNG. Este balanzo histórico certifica a considerábel fortaleza do partido que hoxe encabeza Feijóo e as graves carencias padecidas polas distintas organizacións da oposición. Por iso, a cita electoral de 1989 foi particularmente decisiva: ademáis desa solidez estrutural do PP, o liderado de Fraga evitou o medre das fendas existentes na década dos oitenta e contribuíu a decapitar o proxecto de conformació n dunha dereita galeguista a partir do relativo éxito acadado por CG en 1985.

Cambiou moito Galiza nestes 25 anos? Mudaron substantiv amente as organizacións políticas? Estas preguntas requiren, sen dúbida, unha análise mais demorada da que se contén neste comentario mais é posíbel adiantar, como mínimo, unha tese interpretativa:as transformacións operadas nos comportamentos políticos da sociedade galega foron menos relevantes dos que se rexistraron nalgúns dos protagonistas daquela conxuntura histórica. Entre o “fagámonos respectar”  que invocaba Xosé Luís Barreiro como cabeza visíbel de Coalición Galega e as posicións discursivas que mantén na actualidade media unha distancia suficientemente ilustrativa das características da maioría da elite política realmente existente neste País.

Comentarios