Buscar

MUNDIARIO

Freedom of speech

As opinións son e han ser libres no púlpito parlamentario.

Parlamento de Galicia. / Mundiario
Parlamento de Galicia. / Mundiario

Firma

Pablo González Mariñas

Pablo González Mariñas

El autor, PABLO GONZÁLEZ MARIÑAS, es colaborador de MUNDIARIO. Es político, profesor de Derecho Administrativo y escritor. Fue miembro del Partido Galego Independiente y diputado por la UCD en el primer Parlamento de Galicia. Tras ser uno de los fundadores de Coalición Galega, en 1985 encabezó la escisión del sector más nacionalista, que dio origen al Partido Nacionalista Galego. Fue conselleiro de la Presidencia y diputado por el BNG. @mundiario

Estráñame que o Presidente do Parlamento de Galicia, que sempre deu mostras de comportamento parlamentario democrático, promova, consinta ou refrende, ao parecer co aval dos servizos xurídicos da Cámara, esa insólita medida de prohibir aos deputados afirmar que, tras a sentenza da Gürtel, o PP foi condeado por corrupción.

Non é cuestión de xuristas que, porén, poderían falar e moito sobre isto. O artigo 11 do EAG dí que “os membros do Parlamento de Galicia serán inviolables polos votos e opinións que emitan no exercicio do seu cargo”. E é certo que tal mandato constitucional, aínda respondendo este “privilexio” a un ben superior, han ter unha interpretación que haberá de conciliar o “freedom speech” reconocido en todos os sistemas constitucionales democráticos, coa non lesión de dereitos fundamentais de terceiros. Para iso está o contrapeso da suxeción á disciplina parlamentaria.

O que resulta unha inmisión agravatoria e limitativa é a prohibición dunha opinión, mellor ou peor fundada dialécticamente. De se entender que algún deputado vulnera os límites podería ser disciplinariamente tratado. O que non ten sentido (nin xurídico nin político) é prohibirlle precautoriamente que diga e cualifique as conductas que observa e critica. Que alguén entende que hay mentira? Pois que a refute. O Presidente podería prohibir tamén que  os Conselleiros do Goberno galego falasen ampulosamente dos seus logros de xestión? As opinións son e han ser libres no púlpito parlamentario.

Debe terse presente que a liberdade expresiva dos deputados é un dereito constitucional e estatutario ligado ao cargo representativo. Pero tamén é un dereito do propio Parlamento. O Tribunal Constitucional ten dictaminado (STC 51/1985) que esta liberdade expresiva dos deputados e senadores é “un ámbito cualificado de liberdade na crítica e na decisión, e que sen el o exercicio das funcións parlamentarias podería resultar mediatizado e frustrado, até condicionar o proceso de libre formación da vontade do órgano”. @mundario