Feijóo sacrifica os intereses de Galicia para construir a imaxe de sucesor de Rajoy

FEIJOO Q
Alberto Núñez Feijóo. / Mundiario

O Presidente galego converteuse no principal candidato a suceder Rajoy. Mais para chegar até de agora, Feijóo houbo priorizar sempre a súa imaxe dependentista antes de aumir as súas obrigas con galicia como Presidente deste país.

Feijóo sacrifica os intereses de Galicia para construir a imaxe de sucesor de Rajoy

Na semana que se abre convocarase o Congreso Extraordinario no que o PP elixirá novo Presidente estatal.  Núñez Feijóo vaise presentar. A incógnita é se  haberá máis candidatos. O calendario apurado non axuda. Ademáis, a meirande parte dos dirixentes queren candidato único.

Mais o sistema electivo é aberto, comezando (e ao mellor rematando) cunha votación entre toda a afiliación O que podería motivar que Soraya Saénz de Santamaría presentase tamén a súa candidatura, sobreestimando as súas limitadas posibilidades. Xa non ten o BOE, nin o CNI nin a brigada Aranzadi de avogados do Estado e os partidos non adoitan estimar moito aos antigos membros dos Gobernos cando pasan á oposición.

É tempo, pois, de ollar cara atrás e recoñecer as claves de goberno en Galicia que axudaron construir a imaxe de Núñez Feijóo como mellor sucesor de Rajoy Brey. Porque na construción desa icona contribuiron substancialmente todas as súas renuncias a actuar como Presidente dun País, a pór riba de todo os intereses de Galicia. Núñez Feijóo priorizou sempre o seu obxectivo de chegar a Madrid e supeditou ao mesmo un goberno sinalado polo dependentismo da Vila e Corte.

Exemplos concretos?  Recibiu no verán do 2009 un cheque en branco do Parlamento para defender o mellor financiamento para Galicia e accedeu a un acordo que non contemplaba a xeito o avellentamento e espallamento da poboación. Cando o Popular mercou ao Pastor (antecedente da inminente liquidación do que os paisanos chamaban o noso banco) o Presidente galego enterouse mentres facía campaña política para o PP de Andalucía. Cando o Parlamento galego aprobou por unanimidade o traspaso a Galicia da AP-9, dende Monte Pío parou esta decisión para non amolar ao PP de Madrid. Non tentou ningun novo traspaso competencial en nove anos. Tiveron que ser Villares dende En Marea e Pontón e  Miranda dende o BNG os que alertaran que Galicia ficaba á marxe do corredor europeo ferroviario de mercadorías.

Un galego presidirá outravolta o PP estatal. Mais  a Galicia de 2018 é máis pobre, máis vella, máis desigual e máis dependente ca a de 2008. Perdemos cinco das sete entidades bancarias dirixidas dende o País e deixamos de ser lugar de oportunidades para ducias de millares das persoas mellor preparadas da súa historia, que enfrontaron o camiño da emigración. @mundiario

           

Comentarios