Feijóo fala en Bruxelas dun novo modelo económico para Galicia

Alberto Núñez Feijóo y el comisario de Política Regional, Johannes Hahn.
Alberto Núñez Feijóo e o comisario de Política Rexional, Johannes Hahn.

O presidente da Xunta destaca que Galicia disporá de máis de 4.000 millóns de fondos comunitarios para 2014-2020, unha cifra “moi importante para un novo modelo económico para a comunidade”.

Feijóo fala en Bruxelas dun novo modelo económico para Galicia

O presidente da Xunta destaca que Galicia disporá de máis de 4.000 millóns de fondos comunitarios para 2014-2020, unha cifra “moi importante para un novo modelo económico para a comunidade”.

 

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou que Galicia disporá de máis de 4.000 millóns de euros de fondos comunitarios para o período 2014-2020; unha cantidade que segundo explicou, é resultado da suma de todos os fondos europeos –Fondos Estruturais (FEDER e Fondo Social Europeo), FEADER (Fondos Agrarios) e FEMP (Fondos Pesqueiros)-, e que cualificou de “moi importante para manter a capacidade de investimento e a capacidade dun novo modelo económico para a Comunidade ano 2014-2010”.

Durante unha reunión, este luns, en Bruxelas co comisario de Política Rexional, Johannes Hahn, o titular da Xunta tivo tamén a oportunidade de comentar as principais claves do Programa Operativo Feder que elaborou a Xunta para o novo período 2014-2020; un programa no que Galicia propón un novo modelo económico baseado: no investimento en tecnoloxías, no investimento en innovación e investigación e no apoio á pequena e mediana empresa. “Nestes tres obxectivos: tecnoloxía, innovación e pequena e mediana empresa van estar destinados máis do 60 por cento do total dos fondos”, aseverou.

O titular da Xunta reiterou o agradecemento ao comisario pola súa sensibilidade para que Galicia lograse unha rede de seguridade de fondos estruturais. “Agradecer toda unha labor que empezamos no 2011 e que rematou felizmente fai uns meses, cando Galicia conseguiu manter o 80% do total dos fondos estruturais que viña xestionando no período 2007-2013”, aseverou, logo de lembrar que a Comunidade estivo ante o risco de perder todos eses fondos, ao pasar a ser considerada como “rexión desenvolvida”.

Durante a xuntanza, Feijóo e Johannes Hahn destacaron tamén a especificidade de que nas actuacións financiadas con fondos europeos, Galicia tan só teña que aportar o 20 por cento.

O responsable do Goberno galego expresou o desexo de que o comisario austríaco, que finaliza o seu mandato, siga de comisario noutra carteira, “xa que tivo un contacto continuo con Galicia”. “É a cuarta vez que nos reunimos –tres veces en Bruxelas e unha en Santiago-; coñece ben Galicia e, nalgunha ocasión, nos puxo como modelo na xestión do fondos. Non en van, a miña presenza mañá no VI Foro da Cohesión, obedece á sintonía entre a Comisión e a Xunta. Agradecer esta valoración e fluidez do Goberno galego coa Comisión europea en materia de fondos, a través do comisario Hahn”, afirmou o presidente da Xunta.

O presidente da Xunta participa este martes no VI Foro da Cohesión “Promoción do desenvolvemento e o bo goberno nas rexións e cidades da UE", un foro organizado pola Comisión Europea e que contará coa participación de representantes políticos ao máis alto nivel, tanto europeo coma nacional e rexional, que debaterán sobre a mellora da eficacia, da capacidade institucional e da coordinación entre os fondos estruturais e os diferentes niveis de goberno.

Comentarios