Núñez Feijóo fai un discurso en positivo que a Oposición non ve realista

Alberto Núñez Feijóo.
Alberto Núñez Feijóo.

Feijóo defende un “autogoberno responsable” que “asegura os servizos públicos de hoxe e do mañá” e “pon en valor Galicia para xerar novas oportunidades” e seguir creando emprego.

Núñez Feijóo fai un discurso en positivo que a Oposición non ve realista

O presidente Feijóo defende un “autogoberno responsable” que “asegura os servizos públicos de hoxe e do mañá” e “pon en valor Galicia para xerar novas oportunidades” e seguir creando emprego.

 

No discurso do Debate do Estado da Autonomía, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, salientou que “os galegos están á altura das circunstancias” e propuso unha Cámara “á altura dos galegos”. Feijóo defende un “autogoberno responsable” que “asegura os servizos públicos de hoxe e do mañá” e “pon en valor Galicia para xerar novas oportunidades” e seguir creando emprego. A Xunta salienta estos puntos do seu discurso:

> EMPREGO: Mantén como prioridade a loita contra o paro e anuncia un 50% máis de recursos para o emprego xuvenil e un plan específico que fomente a contratación de maiores de 45 anos.

> INDUSTRIA: Propón adaptarse á nova realidade económica cun Plan de Diversificación que dea valor engadido aos sectores tradicionais e potencie novas actividades.

> INTERNACIONALIZACIÓN: Subliña que Galicia acadou un récord histórico en exportacións e o novo obxectivo é incrementalas nun 25 % ata 2020.

> INNOVACIÓN: Ve a Galicia nunha posición destacada, que reforzará con 8 unidades mixtas e cunha rebaixa de impostos para o fomento da investigación.

> EDUCACIÓN PÚBLICA: Máis de 51.000 teñen xa un ordenador no ensino público e máis de 85.000 unha educación trilingüe en Primaria e Secundaria e o Plan de plurilingüismo estenderase ao Bacharelato o vindeiro curso.

> SANIDADE PÚBLICA: 3 de cada 10 galegos teñen xa ao seu carón un hospital público ou centro de saúde novo ou renovado e chegarase a 7 de cada 10 en 2016.

> SERVIZOS SOCIAIS PÚBLICOS: incrementáronse un 45% as prazas públicas de servizos sociais, impulsouse unha Lei de accesibilidade e atenderase 2.000 novos dependentes antes de que remate o ano.

> DEMOGRAFÍA: Galicia terá o dobre de prazas públicas de gardería ao final de lexislatura, coa creación de 2.000 máis, e anuncia novas rebaixas fiscais que a converten na Comunidade que máis incentiva a natalidade.

> FORMACIÓN: Galicia conxela por cuarto ano as taxas universitarias máis baixas de España e crea un 54% máis de prazas de Formación Profesional.

> ENERXÍAS RENOVABLES: Amplía á xeotermia as posibilidades de Galicia neste eido e concreta unha rebaixa de impostos para os fogares que invistan en renovables.

> TERRITORIO: Destaca a necesidade dunha Lei do solo que perdure no tempo e subliña os novos mecanismos que a norma incluirá contra as edificacións inacabadas.

> INFRAESTRUTURAS: Case o 80% dos galegos está a 15 minutos dunha vía de altas prestacións e construiranse outros 60 quilómetros ata 2016 que se suman ao investimento do Estado que garante o AVE en prazo.

> TECNOLOXÍA: O 94% dos galegos teñen acceso á banda larga e poñerase en marcha un novo plan para despregar redes de 30 a 100 megas segundo os obxectivos da Unión Europea.

> DEMOCRACIA: Defende “resolver as eivas da política con máis e mellor política” e propón un impulso democrático desde o Goberno, o Parlamento e os partidos.

> AUTONOMÍA: rexeita “aventuras frustrantes” e plantexa a Conferencia de Presidentes para debater as demandas razoables sobre o modelo de convivencia.

A súa maneira, Feijóo atacou ao Goberno por non compensar o seu esforzo de austeridade. Ademáis, propuxo eliminar donacións aos partidos e reducir as campañas electorais a unha semana.

 

A oposición ataca a falta de realismo do discurso de Feijóo
> Besteiro, do PSOE, critica que Feijóo segue "xerando expectativa sobre expectativa". A presidenta do Parlamento reprende ao PSdeG - PSOE por utilizar Besteiro o micrófono reservado para deputados.
> Xosé Manuel Beiras, de AGE, di que Feijóo é "un pozo sen fondo de indecencia". Para Beiras, "estamos nun réxime de partido único de facto". O portavoz de AGE pide unidade e lucidez á esquerda contra a besta do Partido Popular.
> O BNG fai unha descalificación global do discurso de Feijóo. Jorquera denunciou que reducen á metade o gasto en comida dos geriátricos.
Polo demáis, houbo tamén tensión. Xosé Manuel Beiras (AGE) encarouse con Feijóo trala súa segunda intervención e abandonou o Parlamento. José Luis Méndez Romeu (PSOE) denunciou que crece a desigualdade, e Beiras e Francisco Jorquera (BNG) criticaron o expolio. José Ramón Gómez Besteiro, líder do PSdeG - PSOE, abandonpu o Parlamento con todo o PSdeG en sinal de protesta.
 

 

Comentarios