O exministro socialista José Blanco voltará a política pero xa non tan blanco

José Blanco
José Blanco / PSOE.

Apadriñou a Caamaño para desembarcar en Madrid, desembarazouse dun modo misterioso de Ricardo Varela, bicouse co alcalde de Lugo, frenou a Gómez Besteiro e animou a Pachi Vázquez.

O exministro socialista José Blanco voltará a política pero xa non tan blanco

Despois da absolución de José Blanco polo Tribunal Supremo do único delicto do que se lle acusaba, tráfico de influenzas, podemos afirmar que non houbo responsabilidades penales no paso do exministro polo Goberno español, pero agora que dí que se vai retirar da primeira liña, deberiamos facer un reconto da súa responsabilidade política que foi moita.

Sen nengún mérito para formar parte do primeiro Goberno de Zapatero, máis aló de selo armadanzas da candidatura do leonés contra Bono, sintiu a necesidade de debutar no Consello de Ministros despois de revalidar a súa segunda maioría, e observar de primeira man que para ser ministro non se precisan determinadas dotes nin curriculos, e ter saido a cotío de apagalumes no caso de Aido e Magdalena Alvarez e algún outro, sempre dende a súa silla de Ferraz.

A mediocridade xeral do último Goberno de Zapatero, impulsou a Blanco, dende Fomento a ter boa relación con Feijoó e incluso con Esperanza Aguirre, de cobadarse con P.J., Carlos Herrera, de xantar con Bieito Rubido, Santiago Rey e allanalo camiño de Berlusconi, pero amén de licitar algún kilómetro máis de un inncesario e inútil AVE a Galicia, de solventar manu militari a crise dos controladores e de preparar a privatización de servizos públicos –Aena, Loterías, Eléctricas–, animouno a ir tecendo una rede de influencias que pasou por ser o lobbi Blanco, de escasa traxectoria pero ca mira posta na Xunta de Galicia.

Era o candidato, e so a súa torpeza, de por exemplo xuntarse cun Dorribo nunha gasoliñeira ca escolta de Vicepresidencia de Goberno, deu cas súas aspiracións no Xulgado de Lugo, misturado no 'caso Campeón' que o arruinou políticamente e de serem un persoaxe gris do socalismo hispano pasou a ser investigado polo miudo e aí foi onde lle pillaron as escoitas co alcalde catalán que case o leva a cadea.

Apadriñou a Caamaño para desembarcar en Madrid, desembarazouse dun modo misterioso de Ricardo Varela, bicouse co alcalde de Lugo, López Orozco, frenou a Gómez Besteiro e animou a Pachi Vázquez a que se esnafrara contra o PP galego.

Persoaxe singular, onde os haxa, voltará pero -insisto- xa no tan blanco.

Comentarios