O egrexio galeguista Alexandre Bóveda, pechado nunha porta de aluminio

Imaxe dun video sobre Alexandre Bóveda. / pcgalega.org.uy
Imaxe dun video sobre Alexandre Bóveda. / pcgalega.org.uy

É  un escarnio para as conciencias dos militantes e afervoados nacionalistas de hoxe ese habitáculo funerario no que se intalou unha porta vulgar para resgardar o nicho de Bóveda de calquera desmán.

O egrexio galeguista Alexandre Bóveda, pechado nunha porta de aluminio

É  un escarnio para as conciencias dos militantes e afervoados nacionalistas de hoxe ese habitáculo funerario no que se intalou unha porta vulgar para resgardar o nicho de Bóveda de calquera desmán.

Todos o anos o día 17 de agosto celébrase o Día da Patria Mártir dedicado á lembranza da memoria de Alexandre Bóveda.  O acto realizase  ao pé da rotonda que hai nun extremo da ponte da  Barca, xa en territorio do Concello de Poio, no camiño  de subida á Caeira. Hai ben anos que se erixíu ali un monumento que dá conta do lugar onde foi vilmente asesinado.

Pero tamén hai xente que acode ao cemiterio pontevedrés de San Amaro para facer ofrendas florais no mausoleo que conserva os restos do eximio militante do Partido Galeguista. Co panteón como un altar, fanse louvas e celébranse exequias fúnebres coas olladas absortas dos asistentes nunha pequena edificación carente de valor arquitectónico no que unha porta de aluminio anodizado como as moitas que se poñen en calquera porta de entrada dunha casa con mal gusto protexe o nicho. E ninguén fixo a menor crítica nin reparo a ese aldraxe á memoria de quen militou nun partido que quixo que o noso patrimonio arquitectónico fose respectado fronte ás agresións de malgusto  xa imperante no seu tempo, empeñadas en destruír o noso pasado arquitectónico. Compartía Bóveda co arquitecto Gómez Román a idea de crear mil compostelas máis en Galicia para dignificar a nosa paisaxe e hábitat.

É  un escarnio para as conciencias dos militantes e afervoados nacionalistas de hoxe ese habitáculo funerario no que se intalou unha porta vulgar para resgardar o nicho de Bóveda de calquera desmán. Mais ignoran os donos do nicho, e o Concello de Pontevedra, que non hai peor maltrato da memoria histórica que esa estética noxenta que acubilla os restos de quen avogaou pola soberanía estética de Galicia, e admirou o xenio creador dos nosos canteiros que souberon construír  pazos e casas labregas coas súas construcións adxectiva respectando a tipoloxía do País.

Semella esperpéntico que despois de tantos anos  ninguén –a familia, a Fundación que leva o seu nome e o Concello de Pontevedra- reparase na necesidade de buscarlle no camposanto de San Amaro un lugar e  unha tumba decorosa consonte coa importancia histórica do falecido, que dignifique a súa memoria e sexa exemplo para cantos veneran a súa memoria. 

A Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística xa está a preparar o Día da Restauración da Memoria Lingüística, que se celebrará o próximo día 25 de outubro. Coa institucionalización desta data búscase chamar a atención da importancia que ten restituír a verdade lingüística dos falecidos que se expresaron neste mundo  en galego.Só unha de cada mil lápidas está en galego; e únicamente o dous por  cento das esquelas publicadas nos xornais se redactan no noso idioma.

Consideramos que a Fundación Alexandre Bóveda e o Concello de Pontevedra  deberían sumarse a esta; e na mellor que buscando no cemiterio de San Amaro outro emprazamento máis artístico para os restos de o egrexio galeguista acorde coa súa relevancia, e volvéndonos a convocar ese día 25 de outubro para a celebrarmos a súa inauguración.

Comentarios