O ministro Cristóbal Montoro bota as contas de xeito trampulleiro

La crisis del euro da lugar a muchas sombras.
En Galicia algúns botan outras contas...

Segundo a balanza fiscal do Ministerio de Facenda, Galicia recebiu, no 2011, 3.249 M€ máis dos que achegou. Mais esta conta é abondo cuestionábel, como ten amosado o economista Xosé Díaz.

O ministro Cristóbal Montoro bota as contas de xeito trampulleiro

Segundo a balanza fiscal do Ministerio de Facenda, Galicia recebiu, no 2011, 3.249 M€ máis dos que achegou. Mais esta conta é abondo cuestionábel, como ten amosado o economista Xosé Díaz.

A metodoloxía de FEDEA e do Ministerio de Facenda incorre en graves erros de avaliación ao calcular o balance fiscal de Galicia co Estado. As pensións contributivas (que pertencen ás persoas e non aos territorios), os Impostos especiais ou a imputación dos investimentos desequilibra unha balanza fiscal que non é críbel. Galicia non vive da solidariedade española.

Segundo a balanza fiscal do Ministerio de Facenda Galicia recebiu, no 2011, 3.249 M€ máis dos que achegou. Mais esta conta é abondo cuestionábel, como ten amosado o economista Xosé Díaz (para quen no 2005 Galicia achegaba 3.000 M€ máis do que recebía) ou para o BNG, que avalía o saldo do 2011 nuns 1.500 M€ que Galicia achegaría de máis.

Cál é o problema? Que Montoro bota as contas de xeito trampulleiro. Non se contabilizan diferenzas de fluxos financeiros senón unha desacreditada metodoloxía carga/beneficio que imputa nos investimentos que benefician an Galicia, por exemplo, os investimentos nas estacións do AVE de Madrid e no novo aeroporto desa cidade. Ao tempo, impútalle a Madrid a recadación de todos os Impostos especiais (alcol, viño, cervexa, carburantes), mentres que Citroen, Endesa, Gas Natural, Repsol ou Autopistas, que producen e xeran custo ambiental neste País, pagan o Imposto de Sociedades en Madrid ou Barcelona e non computan, xa que logo, nesta conta.

Mais o verdadeiramente incríbel é que o Ministerio considere que as pensións contributivas han computar na balanza fiscal como unha achega do Goberno central, cando as pensións contributivas son dereitos das persoas polos que se cotizou na Galicia, en Euskadi, Madrid, Alemaña, Suiza ou Arxentina. Pensións que, de certo, son as máis baixas do Estado español. Outro caso son as pensións non contributivas, que si constitúen mecanismos de solidariedade territorializábeis e si han ser medidas nas balanzas fiscais.

Velaí que non sexa certo que Galicia viva da solidariedade do resto do Estado. Nin en termos fiscais, nin en termos financeiros, onde a nosa capacidade de aforro foi drenada para financiar o saneamento bancario español, nin en pensións, onde aos emigrantes galegos que perceben dúas pensións se lles fai pagar o que non pagan os que cobran unha soa da mesma contía. Nin en termos enerxéticos, porque Galicia é autosuficiente e a súa achega exportadora non lle permite nin ter a enerxía máis barata (témola máis cara, por mor de imputar na tarifa os tributos autonómicos) nin recebir compensación polos custos ambientais dunha produción hidroeléctrica, térmica ou eólica que non xestionamos.

Así que, señor Montoro, mire de non nos contar esta caste de contos, porque  sómoslle quén a botar as nosas contas.

Comentarios