O Concello de Lugo bota balóns fora e culpa os cidadáns de malbotar lixo

Folga de lixo en Lugo.
Folga de lixo en Lugo.

O Concello de Lugo estuda impor sancións, a través da Policía Local, a quen tire o lixo fóra de hora en zonas non habilitadas para a recollida. A culpa, do cidadán.

O Concello de Lugo bota balóns fora e culpa os cidadáns de malbotar lixo

O Concello de Lugo estuda impor sancións, a través da Policía Local, a quen tire o lixo fóra de hora en zonas non habilitadas para a recollida.

O portavoz do equipo de goberno e concelleiro de Medio Ambiente, Luis Álvarez, denunciou que durante a folga de recollida dos traballadores de Urbaser, de case dous meses, produciuse unha "deseducación moi rápida" entre a cidadanía.

"Lugo é unha cidade extraordinariamente limpa, non estamos habituados a ver bolsas de lixo depositadas en calquera sitio e chámannos a atención porque esta é unha cidade limpa e porque dentro do colectivo sempre hai persoas, que son poucas, que teñen comportamentos manifestamente incívicos", lamentou na rolda de prensa posterior á xunta de goberno local.

No entanto, recoñeceu que "non sería agradable" que a Policía Local "impuxese sancións por depositar o lixo fose do horario e en sitios que non están habilitados para o efecto".

O novo eslógan do Concello de Lugo en materia de lixo ben podería ser: "Culpa vosa!"

 

Comentarios