É compatíbel o BNG coas chamadas mareas e con Somos maioría?

Xavier Vence.
Xavier Vence.

Xavier Vence desmente friccións co grupo de alcaldes e cargos locais do BNG que se teñen adherido nas últimas semanas ó manifesto Somos maioría. Entre eles Carlos Aymerich.

É compatíbel o BNG coas chamadas mareas e con Somos maioría?

Xavier Vence desmente friccións co grupo de alcaldes e cargos locais do BNG que se teñen adherido nas últimas semanas ó manifesto Somos maioría. Entre eles Carlos Aymerich.

"Ten que haber un proxecto de base nacionalista, que pode incorporar a persoas que non sexan necesariamente nacionalistas, pero está claro que non pode supeditarse á estratexia de ningún tipo de forza de carácter estatal". Así o dixo no espazo A Entrevista, da Radio Galega, o voceiro nacional do Bloque, Xavier Vence.

Vence cualifica de "interesante" o movemento xurdido ó redor das chamadas "mareas", pero insiste en que a súa formación plantexará candidaturas cun perfil nacionalista. "Imos facer un tipo de candidatura cun perfil claramente nacionalista, en clave de país no seu conxunto. Non cremos nas virtudes de iniciativas cantonalistas ou municipais só. Todo o que se faga debe ser en clave de país", apuntaba na Radio Galega.

Vence explicou na entrevista con Xavier Ares que o Bloque vai abrir entre setembro e outubro un proceso de asambleas abertas a partir do que perfilarán as súas candidaturas prás eleccións municipais da próxima primavera.  Desmente, en todo caso, friccións co grupo de alcaldes e cargos locais do BNG que se teñen adherido nas últimas semanas ó manifesto Somos maioría.

Os alcaldes do BNG comparten a necesidade dunha alternativa nacionalista e progresista e todos queremos candidaturas o máis amplas e plurais posibles pra que poidan ser unha alternativa de goberno en todo o país", aseguraba. Engadía ademais que "esa é a estratexia que teñen tódolos alcaldes do BNG e compartimos todos e polo tanto non hai ningún tipo de asintonía

No inicio do curso político, anuncia o voceiro nacional do BNG a loita da súa formación pra frea-las reformas electorais que está plantexando o PP. Considera Xavier Vence un "atentado á democracia" a iniciativa dos populares pra reduci-lo número de deputados autonómicos en Galicia e tamén anuncia batalla contra a idea de favorecer que gobernen nos concellos a lista máis votada. Chama Vence ás outras forzas a escenificar esta próxima semana o rexeitamento en bloque da oposición á reforma plantexada polo PP.

Comentarios