O austeritarismo destruiu ás clases medias e fixo medrar substancialmente a exclusión

Mariano Rajoy, bajo la sombra de Angela Merkel.
Mariano Rajoy, baixo a sombra de Angela Merkel.

Mentres, grandes grupos estatais ou internacionais acoden encher o oco da oferta pública degradada, con claro prexuizo da calidade e do control normativo público.

 

O austeritarismo destruiu ás clases medias e fixo medrar substancialmente a exclusión

Mentres, grandes grupos estatais ou internacionais acoden encher o oco da oferta pública degradada, con claro prexuizo da calidade e do control normativo público. 

A imposición das políticas da austeridade ou "austeritarismo" xeran un paradoxo, un círculo vicioso: os recurtes nos servizos públicos esenciais xeran, si, exclusión social e empobrecemento das amplas calses medias, alicerce da democracia europea, mais tamén dominúen a produtividade, determinan a queda da actividade económica e, xa que logo, da recadación fiscal, co que a economía fica en moita peor situación para pagaren a débeda pública. Unha lóxica perversa, abondo advertida por Stiglitz eos máis rerlevantes economistas de hoxendía.

Todos estaremos dacordo que a axeitada administración é un valor proprio da ética civil democrática e da boa gobernanza. Os recursos que son de todos sempre son curtos e, xa que logo, compre administralos con xeito. Mais profesar estes valores non ten nada a ver coa doutrina do austeritarismo que Merkel, Rajoy e Feijóo profesan.  Unha doutrina que encaixa, no nível global, coa subordinación da economía produtiva á economía financeira e coa autonomía dos mercados financeiros para lles impór a súa dinámica aos Poderes democráticos. Para esta doutrina existiría unha “lóxica dos mercados” anterior e superior ao dereito das democracias a regular cadansúas economías e sociedades. Os poderes democráticos non lle poderían pór atrancos á libre circulación dos recursos financeiros e haberían someterse a esta lóxica, que penaliza selectivamente os Estados e territorios que pretendan exercer cadansúas decisións democráticas e defender o seu modelo  de redistribución ou de reparto fiscal.

A lóxica global dos mercados esíxelle ás democracias pagar a débeda nos prazos pactados, malia ser éstes inasumíbeis, antes de financiar as  necesidades básicas da sociedade. Velaí a reforma “express” da Constitución que fixeron PP e PSOE no outono do 2011. E, para acadar ese obxectivo, compre recurtar os servizos públicos para que saian as contas. Redúcese a calidade da educación e da sanidade pública, xérase exclusión social, destrúense as clases medias e grípase o motor económico. Menos emprego de calidade, menos produtividade, queda da actividade económica e menos recadación fiscal para pagarmos as facturas. O paradoxo ou círculo perverso do austeritarismo.

Mentres, grandes grupos estatais ou internacionais acoden encher o oco da oferta pública degradada, con claro prexuizo da calidade e do control normativo público. E, tamén, das empresas galegas que operaban como provedoras na área dos servizos públicos provistos pola Xunta. Baixa a calidade, baixa a cobertura social, si, pero tamén prívase a Galicia do seu dereito a exercer o control e fixar a calidade. Co que se abre a porta á entrada sen control de grandes grupos que subordinan, cando non botan fóra, ás empresas galegas que medraron coa extensión do Estado do benestar.

Comentarios