Arredor do 'Prestige' tamén pasaron cousas importantes na política de Galicia

Concentración Plataforma Nunca Máis contra la resolución del Prestige en el Obelisco de Coruña
Concentración da plataforma Nunca Máis contra a resolución do Prestige, na Coruña. / Cris Andina

Emisarios do César, chamados Romay e Rajoy, conseguiron facer mudar a Manuel Fraga da súa decisión de cambiar o goberno, segundo conta este columnista de MUNDIARIO nun interesante relato.

Arredor do 'Prestige' tamén pasaron cousas importantes na política de Galicia

Xa temos sentenza…  a xustiza ditamina que o accidente do Prestige non foi máis cun cúmulo de circunstancias, sen responsables penais, que fixeron que as “explendorosas” praias de Galicia, deixasen de selo para converterse no centro dunha vergoña mundial.

Nesta historia de despropósitos, hai capítulos ocultos que a un lle doen na alma, e que falan de coitelos largos aproveitados para cacerías políticas a compañeiros, sendo unha demostración máis de que a política con minúsculas, é o único xeito que teñen de concibila os mediocres. Aqueles fatídicos días para Galicia, nas catacumbas do goberno galego, existían claramente diferenciados dous bandos, entre os que estaban dispostos a enfrontarse ao goberno do Estado por deixar a Galicia de lado na peor catástrofe da súa Historia, e os submisos co poder central, e polo tanto co Sistema, para os que eran prioritarios os intereses do seu partido por riba dos da terra que presuntamente gobernaban. Así de claro, e así de sincero.

A frase “estades tolos, queredes dar un golpe de Estado” (sic), retumbará nos corredores de San Caetano, como unha puñada ao corazón do país, no que un Conselleiro acusaba aos seus compañeiros por querer dar un xiro á situación, e defender aos galegos. Unha parte do goberno quería sumarse á mítica manifestación de “Nunca Máis”, fartos de ser feitos de menos por Madrid, mentres a outra exercían de “correos do César Aznar” para acusar aos seus compañeiros de conivencia cos manifestantes. Escoitar estes días nunha entrevista a Enrique López Veiga dicir “ao único que botei de menos aqueles días foi a Cascos”, cando agora xa non é membro do seu partido, provócame proídos pola covardía vestida de submisión ao ministro de aqueles días.

Madrid nunca perdoou a rebelión, e probablemente nunca saberemos o que se falou no comedor privado do restaurante “Vilas” de Compostela, cando os emisarios do César, chamados Romay e Rajoy, conseguiron facer mudar a Manuel Fraga da súa decisión de cambiar o goberno. O nivel de presión foi histórico. Iso si, conseguiron abater unha peza importante en aqueles días, fabricando dossieres ad hoc, baseados en mentiras, que a día de hoxe sabemos, quen os fabricou, e a cambio de que. O tempo demostrou aquelas acusacións de beneficio coa catástrofe como falsas, e así o lamentou en privado posteriormente o propio Fraga, mais quedou unha vez máis para a Historia ese axioma político que di, “amigos, inimigos, e compañeiros de partido…”. Ou non?

Arredor do 'Prestige' tamén pasaron cousas importantes na política de Galicia
Comentarios