Aproveitarase o expresidente Aznar de que Mariano Rajoy xa é un home canso?

El expresidente José María Aznar.
O expresidente José María Aznar.
Todos os medios se fan a mesma pregunta: cómo lle sentarían as declaracións de José María Aznar a Mariano Rajoy? Se cadra, o presidente xa está canso e non lle afectaron demasiado...
Aproveitarase o expresidente Aznar de que Mariano Rajoy xa é un home canso?

Ver a José María Aznar na televisión non ten desperdicio, pois é un espectáculo vivinte dun home xa entrado en anos, sen bigote, cun  rostro despexado e uns cabelos ben peinados. A súa mirada firme e inexpresiva pola gran cantidade de maquillaxe fai que nos fixemos rápidamente nos abdominais marcados e firmes que leva baixo a camisa e o elegante traxe gris.

Aznar era conciso nas súas respostas, falaba con claridade dominando con oficio todas as preguntas que o podía ter incomodado, tiña a entrevista, sen dúbida, claramente guionizada e ensaiada ao detalle. Aznar, sen titubear lanzou ampulosos mensaxes, tal como que está en disposición de voltar ao Gobernó, xa que España precisa del, o seu partido camiña sen rumbo, e a Oposición socialista rematará por ser residual.

Ao ver este home no meu televisor en Antena 3 fiquei sorprendida e pregunteime: ¿seguro que esta é a televisión afín ao Goberno? Non o parece, posto que actúan de escaparate dun expolítico que sinte morriña polo poder e que desexa volver con todas as súas forzas ao parnaso da política dereitista española que nestes momentos goberna o país.

Todos os medios se fan a mesma pregunta: cómo lle sentarían estas declaracións a Mariano Rajoy? Eu creo que xa está canso e non lle afectaron demasiado, xa que non ten nin folgos para debater con argumentos medianamente creíbels calquera adversidade que lle poñan por diante. En efecto, Rajoy é un home canso que non se molesta en disimular o seu aburrimento… Será esta situación aproveitada por Aznar?

Aproveitarase o expresidente Aznar de que Mariano Rajoy xa é un home canso?
Comentarios