A prohición das artes de fondo terá algo que ver cos cables submarinos da eólica?

Sede de la Comisión Europea en Bruselas. / Amio Cajander
Sede da Comisión Europea en Bruselas. / Amio Cajander
O certo é que existen ecosistemas vulnerables  que poden prexudicarse ou perderse coas pesquerías de fondo, pero seguro que existen  solucións diversas para protexelos.
A prohición das artes de fondo terá algo que ver cos cables submarinos da eólica?

Días pasados a Comisión da Unión Europea aprobou o Regulamento de Execución  2022/1624  que establece unha lista de 87 polígonos en augas profundas no Atlántico Nororiental, onde se prohibe a pesca con artes de fondo a máis de 400 metros de profundidade.

A Comisión Europea xustifica a medida   pola “existencia de ecosistemas mariños vulnerables ou a posibilidade de que existan “.

Coñecemos a preocupación  da Unión Europea  por este tema  xa que no 2016 –Regulamento 2016/2336– intentou prever as repercusións adversas significativas da pesca de augas profundas nos ecosistemas. Pero a tardanza de 6 anos en adoptar medidas parece sospeitosa por demasiado lenta e drástica si de verdade se quería protexer os ecosistemas vulnerables.

Non fixar moratoria  nin temporalidade pero si prohición sin negociar ou dialogar debidamente parece un “ordeno e mando” e moito máis si argumentan a posibilidade de que existan ecosistemas vulnerables.  A Comisión  aduce que o Consello Internacional para a Exploración do Mar (CIEM) emitiu un ditame que entregou  en febreiro do 2022 e a él se remite para xustificarse.

En xogo os cables da eólica

Todos coñecemos  que a eólica mariña tanto a fixa como a flotante precisa cables submarinos para trasladar a electricidade a terra, e aínda que aquí está sen desenvolver outros países como Reino Unido, Alemaña ou mesmo Portugal van por diante na instalación e no futuro a eólica producirá moita mais electricidade no mar que en terra.

O mercado de cables submarinos vai en aumento e a empresa multinacional  ZMS Cable  espera que en Europa domine o mercado de cables submarinos no 2023 e  apuntan un crecemento do mercado mundial  da orde do 12,5% ate 2027.  Inglaterra e   Alemaña van a cabeza en parques mariños e só en Inglaterra van construír superautopistas de cables eléctricos submarinos  de 440 km que servirá para interconexión entre Escocia e o resto do Reino Unido.

No 2021 en Nius Diario aparecía a noticia de que a firma londiniense Xlinks anunciaba o que  seria o maior cable eléctrico do mundo con 3.800 km que serviría para transportar enerxía (solar e eólica) desde Marrocos ao Reino  Unido, bordearían  Portugal, España e Francia para chegar logo a Devon en Inglaterra. Para  abastecer a máis de 7 millóns de fogares.

En marzo do 2021 a  multinacional de telecomunicacións GTT Communications (Global Telecom and Tecnology) presentou unha orde xudicial para deter arrastres que pescan preto dos cables submarinos na costa de Irlanda. Pretenden que se impida pescar con redes de arrastre ou botar áncoras  ou interferir co leito mariño a unha distancia de un quilometro dos cables. Dado que cada reparación calculan que vale entre 600.000 e 1,4 millos de euros.

Algunhas áreas onde se realizan pesquerias de fondo os cables están reforzados e enterrados no leito mariño pero nos fondos con pendente pronunciada (talude continental) e a certa profundidade  non se enterran e polo tanto un cable non enterrado ten mais posibilidades  de que o atrapen artes de pesca do fondo como un palangre de profundidade ou un arrastre.

Conclusión

O certo é que existen ecosistemas vulnerables  que poden prexudicarse ou perderse coas pesquerías de fondo, pero seguro que existen  solucións diversas para protexelos, entre elas: a) limitando zonas protexidas concretas (non 87 polígonos), b) esixindo a pesca de augas profundas - arrastreiros, palangre de fondo...- medidas con técnicas   que busquen artes de captura incomparablemente menos destrutoras ou esquilmadoras e mesmo c) pechando temporalmente algunhas áreas a pesca e ver e estudar o resultado. Tampouco se debe esquecer o dialogo e mesmo a negociación cos afectados. Pero parece que isto é diametralmente distinto do que  fixo a Comisión.

Con relación aos cables submarinos  a  realidade é que os barcos de arrastre ou palangre de fondo teñen risco de perder aparellos ou poñer o barco en perigo – como xa sucedeu–  si pescan  nas proximidades de cables. As empresas eléctricas e de comunicación desexarían non ter ningún problema  cos seus cables, pero sempre se pode solucionar  si se pesca a certa distancia  deles (1- 3 Km) ou incluso poden chegar a un xusto prezo entre os propietarias do cable e dos parques eolicos –flotantes e fixos– e os propietarios dos barcos. @mundiario

Manifestación na Coruña contra os polígonos eólicos

Redacción.- Unhas 800 persoas participaron este pasado domingo nunha mobilización contra os polígonos eólicos da Coruña, baixo o lema "O pobo galego unido contra a depredación enerxética". A manifestación comezou na zona da Delegación do Goberno e percorreu rúas da cidade ata a praza de María Pita, diante do Concello da Coruña.
Colectivos sociais da provincia da Coruña manifestáronse ante a crecente construción duns 180 parques eólicos en Galicia e a tramitación doutros 56. Desde a plataforma convocante denuncian a existencia dunha "estratexia para legalizar a depredación territorial", dirixida a impedir a "participación social" e "dificultar o acceso á información, ao servizo da rápida expansión destas megaconstrucións". @mundiario

 

Comentarios