A figura e a obra de Gorbachov

Mijaíl Gorbachov. / Mundiario
Fixo unha deconstrucción pacífica imprescindible dun sistema dabondo fracasado, sen un só tiro.

Diante da morte dun dos máis grandes e influíntes personaxes políticos do século XX, como foi sen dúbida Mijaíl Gorbachov, coas súas luces e sombras como din Rafael Poch ou Pilar Bonet hoxe mesmo, aparecen tamén, inevitablemente, opinións contradictorias, algunhas certamente moi pouco respetuosas con él e coa historia, pero que acochan o xuízo sobre un home, grande entre os grandes, Premio Nobel da Paz, para mín comparable a Nelson Mandela. 

Héroe ou vilán, en función do que cada quen pense ou sinta, nostálxicos (ou non) dun sistema que, como dí o seu gran amigo, o profesor Mayor Zaragoza, "esquecíu a liberdade en aras da igualdade, exactamente ó contrario do que fixo e fai o capitalismo, esquecerse da igualdade". 

En calquera caso, contas e rancores aparte, debemos recoñecer que Gorby fixo unha deconstrucción pacífica imprescindible dun sistema dabondo fracasado, sen un só tiro, aínda que logo, a mafia política rusa, con Yelsin e Putin á cabeza, escolleran camiños de perdición, golpes de estado incluídos, mortes e bombardeos do Parlamento,  totalitarismo e estalinismo de manual, todo o que Gorbachov máis aborrecía, mesmo hoxe unha invasión como a da Ukraína, que o derradeiro líder da URSS, xa moi enfermo, rexeitaba, tanto como a guerra fría, o armamentismo ou a nuclearizacion. 

Quizáis pecou de inxenuo, ou foi un ousado, que minusvalorou o poder imperial do neoliberalismo, pero foi quen de tomar decisións sorpresivas por inesperadas, dou unha patada ó taboleiro soviético establecido e aparentemente inmutable, cambiou para sempre o "statu quo", e abríu as grandes alamedas a un mundo novo, aquel que imaxinou, de paz e de concordia que non cabía nos plans e nas esclerotizadas mentes do Soviet Supremo.

Repasando hoxe as fotos daquela época nos medios, moitas escenas que vivimos en directo, un non deixa de sentir tristeza e nostalxia da perestroika e da glásnost, ou, por qué non dicilo, da ilusión que espertou en mín (e en tantos outros) aquel ruso de sombreiro elegante que estremecíu o mundo, non só a URSS, e por algo máis que dez días. 

Descanse en paz. @mundiario