O PAÍÑO PATIMARELO

Deus fratesque Gallaecia

Bandera de Galicia. / Xurxo Lobato
Bandeira de Galicia. / Xurxo Lobato
Os resultados electoriais agochan un gran problema: o desartellamento territorial, económico, social e emocional que nos eiva e tarangaña nun fracaso colectivo.

Non son sociólogo, nin activo demoscópico, nin siquera politólogo. Hai tempo que veño retirado. Pero a todos quen pensamos en Galicia cómpre reflexionar sobre o que nos pasou ou qué fixemos co noso voto nas últimas eleccións, que son eleccións nacionais ainda que parezan fraccionadas. Paréceme un deber cívico e obrigado nunhas eleccións tan íntimas como as municipais. Nelas fala o corazón dos paisanos todos, os das cidades e os das nosas e admirabeis persoas das vilas, aldeas e lugares. Nas eleccións fala como dixen o corazón, máis tamén outros condicionamentos alleos á nosa víscera cordial Son circunstancias que non dependen directamente de nós, pero que andan imricadas. Sobre todos eles que, estándo a silenciarse, conviría reflexionar.

Segundo os datos obrantes até hoxe e que eu coñeza, o PSdeG-PSOE gobernará sobre un millón douscentos mil galegos. O PP sobre 667.000. E o BNG sobre 360.000. Tamén non son un bó matemático, pero a conclusión parece crara: Galicia é un país de esquerdas.

Porén, hai unha circunstancia disturbadora cando traducimos os datos electorais: sempre dicimos que gaña a dereita, dado que gobernará en máis concellos que a esquerda e o nacionalismo.

Son as miragres dos interesados cómputos electorais.  O certo é que o PP perde prácticamente en todas ciudades populosas e as grandes vilas da nación, pero tamén é certo que gaña nos concellos rurais, que son moitos máis nun país cunha estrutura demográfica e poboacional dispersa e individualizada que a nosa historia pretérita nos proporcionou. E o sistema electoral contribúe moi decisivamente a este desaxuste e a  súa cota reaccionaria.

Deus fratesque Gallaecia. / YouTube

Eu, que como dixen non son politólogo –simple profesor administrativista– atrévome a me facer algunas preguntas, que ben poderían ser autointerrogacións:

– O mundo urbano galego parece aos nosos ollos máis evoluído ca o rural?

– Por qué as nosas ciudades e vilas prósperas e crecentes votan opcións máis modernas e progresistas que as vilas e pequenas aldeas?

– Por qué o liderazgo das cidades non calla no rural e atrae o seu voto solidario cos valores da esquerda ou do galeguismo sen adxectivos?

– Será que aínda pregoamos, co antergo galeguismo, que a esencia da nación radica nas vedrañas tradicións de outrora?

– Será que a que a nosa concepción do país é allea á nosa lingua, cultura e personalidade actual, moderna e europeísta?

Cómo é posibel o espectáculo de Jácome en Ourense, negociado inverecundamente polos partidos políticos ao uso, que se dín moral e políticamente responsabeis?

Remato, xa esgotado, cunha intención superadora:

– Qué propostas serían útiles cara a conquerir e protagonizar abertamente unha xenerosa fusión de vontades entre todos os territorios, rurais e urbanos, e todas e todos os cidadáns galegos? 

Os resultados electoriais agochan un gran problema: o desartellamento territorial, económico, social e emocional que nos eiva e tarangaña nun fracaso colectivo. Sen cohesión social e territorial non hai solución. O peor é ese “escepticismo activo” no futuro no que se instalan moitos entrañábeis compañeiros de cidadanía paisana. Hai que combater ese escepticismo. Porque hai moita distancia entre a estreita e limitada individualidade e a ilimitada forza da decisión colectiva : Deus Fratesque Gallaeciae@mundiario

Comentarios