Ambigüidade

Ilustración de John Hain. / Pixabay
Ilustración de John Hain. / Pixabay
A ver se logo de tantos anos vai ter razón Uscatescu cando consideraba a ambigüidade como algo esencial para unha “actual” ontoloxía do humanismo contemporáneo.

Cando eu de mozo, nos setenta, preparaba as oposicións de TAC, ocorríanseme de súpeto ideas que entendía brillantes, pero que, dado que eu  era un ninguén, conviña atribui-las no exame á alguén entón solvente. O elixido era case sempre Jorge Uscatescu, un ensaista rumano exiliado en España e daquela con certo prestixio. Podía absorber case de todo dada a súa “Filosofía de Ambigüedade”.

Agora, pasados tantos anos, parece que todo vale nas palabras e nas ideas. A ambigüedade convirteuse na regla axial do pensamento e conducta persoal e pública; e tamén das madeirables palabras dos discursos políticos, que adoitan se repeter tanto como as sardiñas por San Xoan: o non dicir nada creativo, distinto, propositivo, senón plano ou simplemente ferinte do rival, parece ser o acomodaticio mastro das velas do barco político común de hoxendía.

Ao final, por non dicir nada, case todo o mundo remeda o mesmo. E a quen non o respeta a regla canónica, a súa desviada proposta pásalle factura eleitoral. Hai nefeuto nos discursos e nas arengas unha restra de palabras repetidas até a saciedade. Intento, pola miña parte, un catálogo imperfecto: cautela, moderación, prudencia, consenso… que  se aproxima tanto a os lampedusianos “palabros” parálise, rendición, conformismo e complecencia, esto é, “con cambiar o mínimo para que todo siga igual”.  

A cotío, no debate político non se explican, agás meritorias excepcións, as razóns e os propósitos, tan só os erros do rival como gasolina para agresión. Non se razoa o por qué dos odios, senón a radicalidade dos odios mesmos. E vémonos na necesidade de esculcar pola nosa conta o que non se pode ou non se quere dicir explícitamente.

Todo iso sen falar do noso autóctono, candoroso e infausto sentidiño, outro mastro paralizante do noso barco nacional, un triunfante invento galego que ninguén sabe o que en verdade significa (ou sí), pero que está sendo asumido enfervorizadamente pola conservadora pel de touro ibérica. Igual que aquello da escaleira que nin sube nin baixa, ou o do acento,  ou o das meigas… Claro que as hai, hainas, e moitas.  

Onde, xa que logo, o valor da iniciativa, a creatividade, a discrepancia, a rebeldía intelectual, empresarial e social… alcumados  pouco menos que de “episodios radiactivos” da paz social?

A ver se logo de tantos anos vai ter razón Uscatescu cando consideraba a ambigüidade como algo esencial para unha “actual” ontoloxía do humanismo contemporáneo. A ambigüidade dirixida ou forzada da época, tal como estamos a ver.

Deus fratesque Gallaecia. @mundiario

Comentarios