Alemaña frea en seco proxectos da Unión Europea sobre o transporte

Recarga de un coche eléctrico. / Pixabay
Recarga dun coche eléctrico. / Pixabay
Na Unión Europea as actividades de transporte xeran entre o 25 e o 30%  do total de dióxido de carbono, CO2, que se emite. 
Alemaña frea en seco proxectos da Unión Europea sobre o transporte

A Unión Europea pretendía  a prohibición de vender coches novos con motores a diésel e gasolina  a partir do 2035, pero Alemaña estaba reticente e Italia en situación similar, polo que frearon  unha votación  prevista para a próxima semana.  A situación é curiosa: o Parlamento Europeo xa aprobara hai tres semanas a decisión que lanzaba definitivamente e sin retorno  o coche eléctrico para dentro de 12 anos, só faltaba que no Consello de Ministros de primeiros de marzo os 27 países a ratificaran, pero a votación final foi aprazada, sin que saibamos si por pouco ou moito tempo.

Na Unión Europea as actividades de transporte xeran entre o 25 e o 30%  do total de dióxido de carbono, CO2, que se emite. No ano 2021 a Comisión Europea  recoñecía que as   emisións de Gases Invernadoiro, GEI, procedentes do transporte por estrada  representaban case o 20 %  das emisións totais e medraran continuamente dende 1990. En novembro do  2022  a Comisión de Medio Ambiente, Saúde Pública e Seguridade Alimentaria, ENVI, pronunciase -con notable oposición- a favor dunha mobilidade por estrada con cero emisións no 2035, para os novos turismos e vehículos comerciais lixeiros.

Na actualidade só no Estado Español existen 24 millóns de coches que utilizan estes combustibles. No 2021  o transporte era o sector máis emisor de GEI e supoñía o 29,3% das emisións, seguíalle a industria co 20,7% do total. Na Galiza con 2,1 millón de vehículos (2021)  tamén  teñen bastante importancia as emisións do transporte.  

Cambiar o combustible utilizado pode ser unha alternativa, pero parece unha alternativa  algo apurada e contra reloxo por enriba de todo cando aínda  están sen resolver serios problemas que conleva o coche eléctrico, por exemplo o alto prezo e o tema das baterías. Non me refiro o peso  elevado das batería que repercute na eficiencia e consumo do automóbil xa que unha batería pode oscilar entre os 100 e os 600 kilos de peso; tampouco me refiro a autonomía e necesidade de puntos de recarga en distancias longas; nin a curta vida e duración que teñen hoxe estas baterías – 160.000 ou 200.000 km- que fará que se teñan que cambiar unha ou varias veces ao longo da “vida útil” do coche.

Refírome a que este novo automóbil depende da importación de materias primas criticas para fabricar as baterías  como sucede por exemplo co  litio, níquel, cadmio, cobalto, manganeso, grafito...  vexamos:

- Litio, o 91%  prodúcese en Australia occidental (5 das maiores minas do mundo), China, República Democrática do Congo  e Chile.

- Cobalto, no ano 2019 o 70% do cobalto procedía da R.D. do Congo, seguida de  Rusia, Australia, Filipinas, Canadá, Cuba, Madagascar.

- Níquel, procede de Indonesia, Filipinas, Canadá, Rusia, Australia...  

- Manganeso, ten en Sudáfrica o maior produtor máis do 33% do total e o país ten co 70% das reservas mundiais, outros produtores son  Australia, China, Gabón, Brasil...

- Grafito (para fabricar os ánodos da batería), tería que proceder de China, India, Brasil, Canadá, Madagascar...

En definitiva constátase unha gran dependencia destes minerais imprescindibles, todo sin citar a problemática ambiental e impacto da minería nos países mencionados, sin citar o consumo enerxético no proceso industrial de separación e refinado, asi como no transporte, sin mencionar problemas  nas condicións  de saúde, sociais e económicas dos mineiros ... Unha vez máis os custos sociais da produción páganos os cidadáns. As baterías hoxe presentan moitos puntos débiles na eficiencia, sostenibilidade, durabilidade ... Serian alternativa real no 2035? 

Outras alternativas posibles

Existían outras alternativas que non se escolleron e que combinadas ou en conxunto podían reducir moito a emisión de contaminantes, como :

> Melloras tecnolóxicas e outros combustibles sintéticos – como pretende Alemaña– que fagan que os vehículos sexan máis eficientes.  Utilizar menos os vehículos particulares. Melloras no transporte público. Fomentar as cercanías ferroviarias   e transporte de mercadorías en tren (non esquezamos que de Lugo a Coruña por tren leva case dúas horas e pechar estacións e apeadeiros ou  poñen horarios inadmisibles prexudica gravemente a poboación,  fomenta o uso do automóbil e vai en contra da descarbonización e transición enerxética).

> A boa xestión de tráfico nas cidades levaría menos contaminación, menos consumo de combustibles e menos tempo que se perde no transporte. Si contemplásemos outro urbanismo podía aumentar a posibilidade de ir andando, en transporte público ou en bicicleta a traballar. 

> Na actualidade é indubidable que o transporte é un gran contaminante, pero non todo o transporte, o transporte por estrada si. Pero hoxe e no 2035 existen alternativas diversas entre as que se debe contemplar o coche eléctrico, pero non como única e exclusiva opción. @mundiario

Comentarios