A primeira novela de Paula Cascallar

La novela Arañar el cielo, de Paula Cascallar. / Mundiediciones
La novela Arañar el cielo, de Paula Cascallar. / Mundiediciones
Impresións e conxeturas sobre un relato de Paula Cascallar, publicado en Mundiediciones.
A primeira novela de Paula Cascallar

Arañar el cielo. A los pies de Aloia y Xurés (Mundiediciones, 2021), de Paula Cascallar, é unha experiencia narrativa que semella un labirinto a xeito de aventura onde se atopa o amor de Aloia&Xurés. E eles achéganse e sepáranse; pero ámanse.

Por outra banda, atopamos tamén coa loucura, coa tristeza, coa amargura da vida, mesturada de fantasía e realidade, unha estrutura envolvente onde o máxico e o real se confunden na aventura vital dos protagonistas.

De súpeto temos diante a incomprensión dun ser sensible que ama ou desexa amar ata o infinito, nunha confusión de tempo e de espazo.

Paula Cascallar. / Mundiediciones

Paula Cascallar. / Mundiediciones

Que ten Aloia de Paula Cascallar? Misterio imposible de responder; mais encontramos a sensibilidade, a paixón, a creatividade; seres con gran sinceridade e gran espontaneidade e un repouso de tristura, de angustia, de náusea vital nun universo cheo de esperanzas, de medos, de interrogantes...

Unha personalidade complexa, atordada e sufrinte á da autora, quizais a protagonista que loita por ser ela mesma nunha sociedade hostil que non comprende ás persoas sensibles, creativas, propias, distintas.

Aloia e Paula inmersas no labirinto do xardín da vida na busca do amor e da felicidade.

Unha primeira novela de Paula Cascallar para sufrir con ela e participar nas loitas para saír a frote nas augas turbias do océano da vida e no alto a lúa e as estrelas escintilantes que presiden o ceo das persoas inquedas e en constante busca.

Unha novela para vivir e sentir e para saír fóra de nós na procura do outro no círculo labiríntico da roda da vida. @mundiario

Comentarios