Primeira lei contra o galego

O rolete do PP volveu a pasar por enriba do galego. Esta vez tocaba reformar a lei da función pública para
Primeira lei contra o galego

O rolete do PP volveu a pasar por enriba do galego. Esta vez tocaba reformar a lei da función pública para abrir a porta a funcionarios que non dominan a lingua propia de Galicia. A desesperación do PSOE e do BNG é cada vez máis forte, por moito alento que reciba desde a rúa e numerosos movementos sociais. O PP, por agora, pode con todos, mentres xa se empeza a expoñer a necesidade de articular algunha vía que poña freo a este intento de exterminio do galego.

Neste novo 18 de xullo, como dixo un deputado socialista, nun posible exceso verbal que no fondo explícase pola tensión do momento, o Goberno de Feijóo esquécese de que está obrigado pola lei a protexer o galego, o que bota por terra o demagóxico intento da conselleira Marta Fernández de presentar o seu atropelo como a salvagarda dun dereito dos castelanparlantes. O socialista José Manuel Lage resumiuno ben ao calificar a medida como un ataque directo ao corazón do país. En definitiva, o Parlamento de Galicia lexislou, por primeira vez na súa historia, contra o seu propio idioma.

Comentarios