O galego é a lingua propia de Galicia

A lingua propia de Galicia é o galego. Os idiomas galego e castelán son oficiais en Galicia e todos os gal
O galego é a lingua propia de Galicia

A lingua propia de Galicia é o galego. Os idiomas galego e castelán son oficiais en Galicia e todos os galegos teñen o dereito de coñecelos e de usalos. Os poderes públicos de Galicia garantirán o uso normal e oficial dos dous idiomas e potenciarán o emprego do galego en todos os planos da vida pública, cultural e informativa, e disporán os medios necesarios para facilitar o seu coñecemento. Ninguén poderá ser discriminado por causa da lingua.

Todo o anterior non é resultado dunha enquisa. É o que di o Estatuto de Autonomía de Galicia, a norma institucional básica desta comunidade. Calquera outra cousa sobre o galego pode ser máis ou menos interesante para ter en conta no debate político, pero non pode ter repercusións legais, nin en leis, nin en decretos nin sequera en comunicados internos da Xunta.

O Partido Popular ten maioría absoluta para gobernar en Galicia pero debe cumplir e facer cumplir as leis, empezando polo Estatuto, que é unha lei orgánica do Estado español. Xa que logo, o Goberno de Alberto Núñéz Feijóo debe asumir que a lingua propia de Galicia é o galego, e deixarse de lerias, xa que está obrigado polo Estatuto a potenciar o emprego do galego en tódolos planos da vida pública, empezando polo ensino. E se nalgún momento quere que iso non sexa así, sempre pode buscar apoios políticos para cambiar o Estatuto; apoios que non ten, xa que para modificar o Estatuto precisa ter maioría de dous terzos.

A enquisa feita pública sobre o galego ten a importancia que ten calquera enquisa. Ou menos, xa que os expertos na materia aseguran que o traballo encargado por Jesús Vázquez cos cartos de todos non cumpre os requisitos científicos necesarios. Sobre a súa custodia, mellor non falar.

Comentarios