Facer País

Amancio Ortega, o creador de Zara e Inditex, aportoulle a galicia unha proxección no mundo sin precedentes co&nti
Amancio Ortega, o creador de Zara e Inditex, aportoulle a galicia unha proxección no mundo sin precedentes coñecidos nunha economía como a galega, que si por algo se caracterizóu no pasado foi polo atraso –maxistralmente definido polo profesor Beiras– e, de rebote, pola apropiación que de moitos dos seus recursos foron facendo algúns colonialistas, coa colaboración dos seus subalternos e tamén co visto bo de poderes fácticos ben domesticados. Do mesmo xeito que Amancio Ortega, o empresario Jacinto Rey leva anos convertido nun llanero solitario que, discretamente, foi conquistando espazos económicos importantes fóra do seu país, ata acadar o seu grupo, San José, o segundo posto entre as empresas de capital galego por volumen de facturación. San José, que ten a súa sede en Pontevedra, obtén en Galicia unha mínima parte dos seus ingresos, pero co que sacha fóra acada a dimensión propia das multinacionáis españolas, agora moi reforzada coa Operación Chamartín, en Madrid. Eso sí, aquí mantén proxectos como Xornal de Galicia, desde o que, modestamente, queremos facer país.