OS BOS MARIÑEIROS

Hai un vello refrán galego que di: “Os bos mariñeiros se ven nas tempestades”. Acaba de empezar
Hai un vello refrán galego que di: “Os bos mariñeiros se ven nas tempestades”. Acaba de empezar unha treboada que amenaza seriamente os intereses galegos e imos ver se os nosos políticos son quen de goberna-lo barco. Namentres, non hai outro calificativo para a Comisión Europea que o de ‘piratas’. Hai comunidades na que a pesca non é un feito económico, senón histórico. En Galicia, vilas enteiras viven do mar dende que existen. Non lles han quitar postos de traballo. Hanlles quitar a súa vida enteira, a súa razón de ser. É intolerable, e máis aínda cando a reducción se ceba en países que xa acometeron o desguace da súa flota dende hai anos. Se os gobernantes europeos non teñen a suficiente sensibilidade para decatarse do que significan para comunidade como a galega este tipo de medidas, algo falla. Quizáis Europa non sexa un sono. Quizáis sexa un pesadelo.