“Vaia Troula” chega cun programa desde a Festa da Dorna de Ribeira

Festa da Dorna de Ribeira. / turismo.gal
Festa da Dorna de Ribeira. / turismo.gal

Ademais, estará na Festa do Mar de Mera, no Mercado Medieval de Corcubión, no Entroido Quente de Maceda e comprobará como honran  a Virxe da Madalena en distintos lugares de Galicia.

“Vaia Troula” chega cun programa desde a Festa da Dorna de Ribeira

Este domingo pola noite “Vaia Troula” chega aos fogares de todos os galegos cun programa moi especial desde a divertida e multitudinaria Festa da Dorna de Ribeira. A presentadora Nieves Rodríguez vivirá en primeira persoa unha xornada en que a música das gaitas e os xogos de terra das “peñas dorneiras” serán os pratos fortes.

Pola súa parte, a reporteira Belén Vara estará presente nos famosos “xogos de mar” da festa da Dorna. Centos de persoas acoden ao porto de Ribeira para gozar dun espectáculo que ninguén debería perder. Ariadna Leis tamén estará en Ribeira porque a Festa da Dorna ofrece unha chea de actividades e orixinais competicións, música de bandas e charangas e ata unha gran queimada popular.

No programa desta semana tamén haberá tempo para viaxar á romaría da Madanela de Santa Uxía de Lobás, no concello do Carballiño. Ata alí irá Belén Rivero para ser unha máis na impresionante procesión nocturna organizada polos veciños da parroquia.

Ademais, as cámaras de “Vaia Troula” pasarán pola Festa do Mar de Mera, en Oleiros, polo Mercado Medieval de Corcubión, pola romaría da Madalena de Castrofeito, no Pino, e polo Entroido Quente de Maceda.

As Festas de Verán de Taragoña, en Rianxo, o San Cristovo de Outes e a romaría de Santa María Magdalena de Freáns, en Pontedeva, completan o menú trouleiro do programa desta noite, que tamén ofrecerá as actuacións dos mellores grupos e orquestras do momento. @galiciamundiari

“Vaia Troula” chega cun programa desde a Festa da Dorna de Ribeira
Comentarios