Buscar

O programa “Malo será!” da TVG, líder de audiencia na súa estrea

Con convidados como Xosé Antonio Touriñán e Cristina Andrade e o humor en directo por bandeira, o espazo foi o preferido dos galegos na noite do xoves.

O programa “Malo será!” da TVG, líder de audiencia na súa estrea
Malo será!. / CRTVG
Malo será!. / CRTVG

Firma

Tatiana Ferrín

Tatiana Ferrín

La autora, TATIANA FERRÍN, es hispano-venezolana y tiene más de 10 años de experiencia en en medios digitales. Trabajó en diarios de Caracas (Venezuela) y Miami (Florida, EE UU) y ahora escribe en MUNDIARIO, donde también coordina la edición GALICIA y el área de Política. @mundiario

O novo programa da Televisión de Galicia “Malo será!” tivo unha gran acollida na súa estrea, converténdose en líder absoluto de audiencia en Galicia. O programa presentado por Lucía Regueiro, que mestura televisión e teatro, tivo unha cota de pantalla do 17,8 % e converteuse no programa máis visto da noite en Galicia. O competidor máis próximo, TVE, situouse a 5,6 puntos de share.

Con convidados como Xosé Antonio Touriñán e Cristina Andrade e o humor en directo por bandeira, o espazo foi o preferido dos galegos na noite do xoves. A TVG foi líder tamén durante o prime time, cunha audiencia media de 138.00 espectadores. No seu minuto de ouro, ás 23.05 horas, ata 180.000 persoas tiñan sintonizada a Televisión de Galicia. O primeiro programa do “Malo será!”, gravado no Teatro Afundación de Vigo foi visto nalgún momento por preto de 400.000 espectadores.

Malo será!” continúa de xira polos teatros de toda Galicia para facer un espectáculo de sketchs cómicos que se emitirá semanalmente. A próxima cita será en Verín e emitirase o vindeiro xoves. Federico Pérez, Marcos Pereiro, Isabel Blanco, Lucía Veiga son algúns dos convidados que participan no programa da TVG, unha adaptación de “En otra clave” de grande éxito na Televisión Canaria. @galiciamundiari