A voltas có crecemento do PIB e a productividade

Previsión de crecimiento de la OCDE. / Expansión
Previsión de crecimiento de la OCDE. / Expansión
 Nunca lle tiven á produtividade moito creto, creo máis nun reparto xusto do emprego, dos recursos e das cargas impositivas que nunha sociedade produtiva e inxusta.
A voltas có crecemento do PIB e a productividade

Nas enquisas do CIS pregúntase habitualmente ós cidadáns sobre a situación económica de España e a súa persoal. E aínda que é habitual facer unha valoración peor do alleo que do propio, os datos deste ano son sorprendentes. 

Unha maioría do 67% considera a situación da economía española mala ou moi mala, ó mesmo tempo que un 61% considera a súa propia como boa ou moi boa. Seguramente a pandemia está a ter influencia nisto. Certamente resulta difícil ver un futuro colectivo esperanzador mentres vivimos baixo da ameaza constante de volver ás medidas máis duras de restrición da mobilidade.

Na percepción positiva da situación económica propia ten moito que ver, seguramente, o escudo de protección social que o goberno despregou para protexer o emprego, os autónomos e as empresas, especialmente as pequenas. A enquisa parece indicar que unha gran maioría puido salvar a súa economía particular, asentando deste xeito un bo principio para acometer agora unha recuperación sólida.

Na contabilización macroeconómica desta situación sorprenden as contradicións entre os indicadores parciais e as estimacións do PIB. Así, a afiliación á Seguridade Social é a máis alta da historia, superando rexistros xa non de antes da pandemia, senón de antes da anterior crise financeira. Máis de 20 millóns de afiliados con máis de 750.000 empregos creados ata novembro. Tamén a recadación fiscal marca records, medrando ata outubro un 16,3%, có que se supera en 10 puntos as previsións de recadación incluídas nos Presupostos Xerais do Estado para o ano 22.

E fronte a estes indicadores tan positivos, o PIB foi revisado á baixa e quedará derredor do 5%, moi por debaixo da evolución do emprego e da afiliación. Dado que estes dous indicadores son rexistros, mentres o PIB é unha estimación, cabe preguntarse si esta estimación do PIB se estará facendo ben.

Isto está a ser un asunto de gran controversia entre economistas, e mesmo o Sr. Casado aproveita esta diverxencia estatística para criticar ó Executivo. Pois ben, hoxe mesmo o INE acaba de dar unha explicación nos seguintes termos:

A revisión debese á incorporación de "algunas fuentes adicionales disponibles para todos los meses del trimestre que complementaban a las habitualmente empleadas y estimaciones adelantadas de indicadores basados en datos administrativos, en línea con las recomendaciones de Eurostat y otros organismos estadísticos internacionales".  Dito doutro xeito, faltaban cousas por contabilizar polo que a revisión será ó alza.

Estes cambios no xeito de elaborar a estimación do PIB son relativamente habituais, e nunha situación económica tan anómala parece lóxico repensar ben como se contan as cousas. 

De feito, algúns economistas apuntan precisamente ó afloramento da economía mergullada, que tivo que visualizarse para poder optar ás medidas do escudo social. Unha demostración á vez de que cando se distribúen recursos entre os estratos da poboación máis necesitada, os retornos en impostos e incremento do consumo interno son moi favorables.

Pois ben, saúdo gratamente esta revisión de 6 décimas que o INE fai para as contas do cuarto trimestre, porque supón un recoñecemento de que a macroeconomía (que non deixa de ser un sumatorio das economías particulares) camiña tamén nunha recuperación forte ó compás da mellora da situación das familias.

Por último, esta revisión colócanos de súpeto nunha situación contraria á anterior na evolución da produtividade que pasa de caer 6,9 puntos a subir 2,4 polo que por primeira vez no ano pasamos a taxas interanuais positivas, do 0,1%.

Xa se sabe que isto produtividade é un cociente, entre o que se produce e con cantos recursos se produce, polo que establecer con certeza canto é o que se produce, ten moita importancia.

Pasa o mesmo coa felicidade, tamén é un cociente entre o que se desexa e o que se alcanza. Hai quen alcanzando moito nunca será feliz e outros que alcanzan pouco si. 

É por isto que nunca lle tiven á produtividade moito creto, creo máis nun reparto xusto do emprego, dos recursos e das cargas impositivas que nunha sociedade produtiva e inxusta.@mundiario

Comentarios