Buscar

GALICIA DEBATE

Volta ás aulas e novos métodos de aprendizaxe

En los Centros Rurales Agrupados se encuentran, multiplicados, los problemas de cualquier centro. Y hubo que trabajar en época de pandemia, contra viento y marea: falta de recursos tecnológicos en algunas familias, problemas de conectividad... y a pesar de eso se encontró ingenio suficiente para motivar a los niños.

Volta ás aulas e novos métodos de aprendizaxe
Uno de los grupos de escolares participantes en las actividades didácticas organizadas a lo largo del curso. / Mundiario
Uno de los grupos de escolares participantes en las actividades didácticas organizadas a lo largo del curso. / Mundiario

Os mestres, nunca tivemos que voltar porque sempre estivemos na escola, presencial, virtual...ou como queira.

Cando  COVID chegou para quedar, a lo menos por un tempo indeterminado, deulle a volta a todas as sociedades. Afloraron os niveis de desenvolvemento sociais, pero COVID non respectou a ninguén, con acertos e fallos dos gobernantes que son, as veces, entendibles nunha situación tan única.

No centro atopámonos en marzo con situacións coma: falta de recursos tecnolóxicos nas casas, problemas de conectividade e falta de formación dalgunhas familias, pero a pesares diso o centro continuou traballando. Solicitamos axuda a diferentes institucións, colaboradores e conseguimos que os nenos e nenas puideran seguir a verse, facer cousas e seguir motivados para aprender.

A partir do 2004 comezaron na UE a propor a necesidade de establecer unha serie de competencias clave que deberían acadarse no sistema educativo. Neste curso ( 20-21) aínda gran parte dos mestres teñen falta de coñecemento das mesmas. O traballo competencial púxose de manifesto nesta situación que estamos a vivir tanto a competencia dixital,  senón en diversas competencias que en moitos casos non axudaron a motivar a moitos nenos e nenas no traballo non presencial.

Houbo moitos mestres que crearon situacións motivadoras, adaptáronse familias e permitiron que o seu alumnado seguise vinculado ao saber e á relación cos seus compañeiros.

A seguridade para nós foi o principal, e nada pasou por riba diso, máis a coordinación entre mestres dun CRA (Colexio Rural Agrupado) e todos os CRAs aportaron debate entre todos con ideas, apostas de cambios metodolóxicos, elementos motivadores...

As aulas quedaron baleiras de todo tipo de materiais no mes de xuño, prevendo posibles situacións complexas como as vividas dende marzo. Esta prevención axudou a un cambio de curso diferente a calquera anterior. Eu sentinme moi diferente e coa incertidume de non saber si sería capaz de traballar como sempre entendera o traballo na escola.

Na aula quedou mobiliario imprescindible coma mesas, cadeiras e algún que outro armario, polo que a escola non reflectía a vida que tiña no curso anterior.

Decidimos crear elementos motivadores: decoración de teitos e chans para que os nenos tivesen un factor sorpresa con caixas individuais coma unha segunda casiña. E no aire o discurso permanente da solidariedade, compañeirismo que estaba encorsetado polo bicho, pero que cando marche volveremos a moitas cousas de antes.

Inquedanza e ilusión por vernos presencialmente todos e a sorpresa do comportamento dos nenos e nenas que unha vez máis coa súa xenerosidade facíannos todo máis fácil.

A Comunidade Educativa debe ser un conxunto camiñando xuntos cara os nenos e nenas. Unha parte fundamental son as familias que xenerosamente confíanos a educación dos seus fillos, educación iniciada por eles e que debe continuar da man da escola.

Por outra parte as ANPAS, Asociacións Culturais, Concellos, deben saber cal é a nosa Visión e Misión do Centro para colaborar connosco en acadar os obxectivos propostos e aportar tamén ideas, novas propostas que poden ser recollidas polas escolas.

Unha estrutura de centro organizada, implicada, profesional e ilusionada en que os nenos e nenas se sintan acollidos a pesares das separacións que temos que aplicar nestes momentos COVID.

Para falar da metodoloxía nas escolas durante o COVID, teremos que ver como era a metodoloxía antes e valorar os cambios, se os hai, e tamén o porqué.

As escolas, en función do número de nenos, da tipoloxía e das características de cada curso poden variar incluso dentro dun mesmo centro. O que si partiremos sempre de factores que nunca deben cambiar e o principal é a motivación que chega a aula dende moitos puntos, a relación cos nenos e nenas, as emocións que espertamos neles, polo tanto comeza o aprendizaxe. Un neno desmotivado vai ter moitos problemas para aprender.

Hai moitos outros campos: a investigación, a autonomía, a toma de decisións... e un longo etc que deberían formar parte da escola. Todo isto temos que traspasalo á situación actual que implica:  incomodidade da máscara, a ubicación nun sitio fixo, non compartir materiais, traballo individualizado en grande parte, prescindir de saídas compartidas, convivencias e outro longo etc.

Volvendo á motivación o encontro cos seus compañeiros, atopar un aula nova, ilusionante, materiais individuais pero nun lugar diferente... a sorpresa motiva e o novo resulta atractivo. Os nenos e nenas co afecto verbal, xestual,  van adquirindo interese pola escola e tenderemos a facer cotiá o diferente.

A palabra terá un papel fundamental. A mestra, ou o mestre serán comunicadores incansables, provocadores coa palabra das reaccións dos nenos e nenas, polo que a oratoria verase fortalecida. Sinalarán coa palabra o que se lles demanda, contra a busca física dun obxecto, polo tanto... nada é positivo ou negativo, simplemente cambiará e porá a nosa mente a crear, as veces improvisar situacións que irán xurdindo sen telas previstas e que teremos que aproveitar. Así a escola seguirá viva, seguiremos recordando coa palabra a solidariedade, o compartir e teremos cada día máis momentos solidarios e de compartir pero doutro xeito.

Claro que poderemos protestar e pedir, e que os políticos se impliquen, pero nos e os nosos nenos e nenas somos os que realmente sabemos como queremos vivir na escola, aprender na escola e cambiar a sociedade dende a escola.