Unha Política Agraria Común eficaz para un mundo en crise

Banderas de Europa, España y Galicia. / Mundiario
Banderas de Europa, España e Galicia. / Mundiario
O Estado español mantivo o nivel de axudas a percibir: arredor de 47.000 millóns de euros ata 2027, dos que a Galicia corresponderíalle uns 2.400 millóns.
Unha Política Agraria Común eficaz para un mundo en crise

Cando en 1962 a Comunidade Europea poñía en marcha a Política Agrícola Común (PAC), a súa máxima preocupación era asegurar o abastecemento de materias primas para a alimentación dunha poboación aínda marcada pola posguerra. Agora 58 anos despois, na renovación desta normativa, estamos outra vez loitando, esta vez no medio da pandemia que nos está poñer contra as cordas tanto a nivel sanitario como económico. 

Neste contexto de calamidade, revelouse da máxima importancia que nunca se rompera a cadea de produción de alimentos frescos e de proximidade para poder abastecer sen problemas os lineais dos supermercados nas nosas vilas e cidades.

Pero para que isto ocorra é preciso manter forte e estable o sector primario impedindo os regateos contables das administracións para recortar axudas, e o abandono do mesmo, e das mans das “forzas do mercado” que poidan poñer en perigo a nosa despensa. No ámbito da comercialización hai que erradicar o uso de excedentes de produción como arma comercial para gañar cota de mercado –como ocorre no lácteo- mediante as vendas a perdas.

EN GALICIA 600.000 HECTÁREAS A ERMO

A nivel territorial, é preciso dotar ás explotacións de terra para abaratar os custos de produción, non nos podemos permitir ter en Galicia 600.000 hectáreas a ermo; e, no eido normativo, é necesario implementar a Lei de Cadea para que se poida dar unha formación xusta de prezos entre todos os elos (produción, industria, distribución).

Pero se hai un eixo tractor para o sector primario ese é o que constitúe o plan de investimentos contidos na PAC, que nestes días presenta o froito da última negociación orzamentaria por parte dos membros da UE. Do acordo acadado nestes días polos ministerios de Agricultura dos estados membros, e pendentes da redacción e ratificación definitiva por parte do Trílogo Europeo (Parlamento, Consello e Comisión) pódense tirar tanto luces como sombras. 

Entre as primeiras que o Estado Español mantivo o nivel de axudas a percibir, -arredor de 47.000 millóns de euros ata o ano 2027, dos que a Galicia corresponderíalle uns 2.400 millóns de euros- en contra dos cálculos da Xunta que estimaba que se perderían 200 millóns na negociación. Tamén é moi importante destacar que no sector da viticultura se manteñen os dereitos de plantación de viñedo ata o ano 2040 en contra do que sería unha liberalización total que suporía a morte do modelo de pequenas explotacións que caracteriza a viticultura galega. 

Mais complicacións vai traer o paquete normativo que ten como obxectivo a loita contra do Cambio Climático que se concretan na chamada condicionalidade reforzada, e nos chamados Ecoesquemas. Estas novas exixencias medioambientais, disfrazadas de incentivos para os produtores, van a condicionar o 20% das axudas que veñan da UA –Alemaña chegou a solicitar que foran un 40%-, sen que os agricultores e gandeiros reciban novas compensacións adicionais o que vai a supoñer cargar a unhas rendas xa de por si moi minguadas, cun incremento de custes de produción  pola modificación dos sistemas de abonados, rotación de cultivos, etc.

AGRICULTOR ACTIVO E NON SOLO PROPIETARIO

Un dos temas chave no reparto dos fondos vai a vir condicionado pola morfoloxía das propias axudas, nas que se recoñece, por fin, unha posible limitación de máximos en 60.000 euros por perceptor e ano de cara a capitalizar o mais posible o orzamento. Outro elemento que vai a marcar o futuro da PAC é a definición da propia figura do agricultor activo, ahora chamado xenuino, e non solo propietario de terras, como aquel que desenvolve unha actividade económica efectiva e contrastable, que redunde nun rural protector do medio ambiente pero económica e socialmente vivo, con independencia de si vive en Galicia ou Andalucía.

Volvendo ao principio, os gobernos teñen que comprometer fondos pero tamén normativas eficientes que redunden nun equilibrio na cadea de valor da produción agroalimentaria e da formación de prezos en orixe. So así se pode manter activa a despensa de alimentos da que tanto nos acordamos cando vemos a inseguridade que nos provocou o non poder dispoñer do material sanitario que tanto precisábamos. @mundiario

Unha Política Agraria Común eficaz para un mundo en crise
Comentarios