A Xunta non foi quen de tomar decisións de calado, que agora tense que comer Román Rodríguez

Un aula. / Andy Falconer en Unsplash
Alumnos nunha aula. / Andy Falconer en Unsplash
A Xunta, no seu conxunto, é a día de hoxe un organismo predecible, disposto sempre a botar balóns fóra coa súa responsabilidade. Tamén no ensino?
A Xunta non foi quen de tomar decisións de calado, que agora tense que comer Román Rodríguez

A situación da educación de Galicia semella tan complicada de entender a día de hoxe, como unha película de Nolan... É dificil saber con que variación vaise atopar a comunidade educativa ao día seguinte, e se a prioridade debe ser a saúde, por riba do dereito á educación. Sen dúbida unha difícil papeleta para o meu veciño Román Rodríguez, ao que de corazón lle desexo o mellor, nun contexto de tormenta perfecta, no que tanto pais, nais, como sindicatos e o propio alumnado, están absolutamente molestos con tanta indefinición para cuestións tan esenciáis.

Protocolos en permanete adecuación á circunstancia cambiante, aulas con nenos e nenas con imposibilidade de manter unha distancia de seguridade, que as autoridades sanitarias cualifican de esencial para evitar contaxios, con comedores saturados necesitados de quendas e burbullas ad hoc de difícil cumprimento, e recreos que deixan de selos, para pasar a ser descansos mentais de mestres extresados, mentres o alumnado deambula despistado sen relacionarse entre eles.

Non é unha situación diferente á do resto do Estado, mais é a que nos afecta a nós. Os responsables irresponsables da Xunta, que son os que teñen as competencias, pasaron varios meses mirando cara ao infinito, ate que se deron de bruces con unha realidade que di que a escasa horas de comezo do curso escolar, a Xunta non foi quen de tomar decisións de calado, que agora tense que comer Román Rodríguez. Nel confiamos, ata que demostre o contrario, na seguridade dos noso fillos e fillas, e mestres e mestras... mais non debemos esquecer que a Xunta, no seu conxunto, é a día de hoxe un organismo predecible, disposto sempre a botar balóns fóra coa súa responsabilidade, e capaz de esixir por parte do seu Presidente, os mesmos protocolos para Ceuta que para Galicia, ante a evidencia que os seus non foron capaces de deseñar un protocolo mínimamente crible, dando como resultante final o cambio de rumbo da consellería co cese da anterior titular, e a apertura cara Rodríguez dun averno case imposible nunha xestión educativa, para a que poucos están dispostos a ser xenerosos á máis mínima dúbida. @mundiario

Comentarios