A Xunta de Galicia da por feito que neste curso hai profesores de reforzo dabondo

Román Rodríguez, en la TVG. / Mundiario
Román Rodríguez, na TVG. / Mundiario
“Vanse incorporar polo menos 1.250 profesores de reforzo”, polo que “vai haber máis profesores que no ano previo á pandemia, habendo menos alumnos”, explica Román Rodríguez.
A Xunta de Galicia da por feito que neste curso hai profesores de reforzo dabondo

Román Rodríguez, conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, foi entrevistado este luns no espazo Bos días, da Televisión de Galicia, onde amosou a súa confianza ante o comezo do novo curso escolar, sinalando que “temos que mesturar o optimismo e a confianza, coa responsabilidade e a prudencia”.

“En liñas xerais, creo que estamos volvendo á normalidade” e “este curso está chamado a ser de transición entre unha situación dura e outra máis ordinaria”, sinalou Román Rodríguez.

O conselleiro Román Rodríguez asegurou que a experiencia do ano anterior foi unha demostración de que “as aulas foron espazos seguros”, e aínda que recoñeceu a existencia de casos esporádicos, “o sistema escolar estivo á altura, foi responsable e os resultados están aí”.

Sobre a nova oferta pública de emprego no ámbito educativo o conselleiro de Educación asegurou que “vanse incorporar polo menos 1.250 profesores de reforzo”, polo que “vai haber máis profesores que no ano previo á pandemia, habendo menos alumnos”.

Román Rodríguez fixo fincapé na TVG en que en Galicia “temos a mellor ratio profesor alumno de España”

O conselleiro Román Rodríguez fixo fincapé en que en Galicia “temos a mellor ratio profesor alumno de España”. Destacou que Galicia non comparte a idea do Goberno central de eliminar os exames de recuperación da ESO. O conselleiro afirmou que isto pode xerar desigualdade entre os alumnos e que habería que reforzar a súa aprendizaxe.

Outro dos temas abordados na entrevista foi o anteproxecto da futura Lei Orgánica do Sistema Universitario, coñecida como LOSU.  Para Román Rodríguez, trátase dunha lei “difusa” e na conversa deixou claro que “hai que modernizar e adaptar”, remarcando que “non houbo diálogo coas comunidades autónomas”.

Nas súas propias palabras, “cambiar a lei cada dos por tres xera unha incertidume e uns prexuízos moi grandes”, e neste caso trátase dunha lei “con perspectiva ideolóxica e de partido moi forte”. @mundiario

Comentarios