Este xoves día 28 preséntase o Anuario 2022 do Foro Económico de Galicia

Nadia Calviño, vicepresidenta primera y ministra de Asuntos Económicos de España / Mundiario
Nadia Calviño. / Mundiario
O seu editor avanzará as mensaxes da vicepresidenta primeira do Goberno de España e ministra de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, Nadia Calviño, entrevistada en exclusiva no Anuario 2022.
Este xoves día 28 preséntase o Anuario 2022 do Foro Económico de Galicia

Chega a presentación do Anuario 2022 do Foro Económico de Galicia, un informe protagonizado este ano pola vicepresidenta primeira do Goberno de España e ministra de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, Nadia Calviño, entrevistada en exclusiva, xunto coas aportacións de destacados catedráticos de economía das universidades galegas e outros expertos.

A presentación celebrarase este xoves, 28 de xullo, ás 11:30 horas, no reitorado da Universidade da Coruña (Rúa Maestranza, 9, A Coruña).

No acto de presentación do Anuario 2022 do Foro Económico de Galicia intervirán: Julio Abalde Alonso, reitor da Universidade da Coruña (UDC); Imelda Capote, delegada especial en Galicia da Axencia Tributaria; Emilio Pérez Nieto, presidente do Foro Económico de Galicia; Santiago Lago Peñas, director do Foro Económico de Galicia; Fernando González Laxe, membro do Comité Executivo do Foro Económico de Galicia e catedrático da UDC, e José Luis Gómez, editor do Anuario 2022, que avanzará as mensaxes da vicepresidenta primeira do Goberno de España e ministra de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, Nadia Calviño.

O Foro Económico de Galicia é unha plataforma de transferencia de coñecemento das universidades e empresas galegas á sociedade. Está integrada por profesores das tres universidades galegas, empresarios e directivos de referencia e xornalistas especializados en divulgación económica. Un total de máis de 60 persoas referentes para a análise e confección de propostas para a economía galega.

Antes da presentación do Anuario 2022 do Foro Económico de Galicia está previsto un café de recepción ás 11:00 horas no reitorado da UDC. O correo de confirmación de asistencia é: [email protected] @mundiario

Este xoves día 28 preséntase o Anuario 2022 do Foro Económico de Galicia
Comentarios