Xosé Miguel Alonso Boó presenta na Coruña o libro Suso Vaamonde, voz do trebón

Xosé Miguel Alonso Boó. / Mundiario
Xosé Miguel Alonso Boó. / Mundiario

Perseguido pola censura, Suso Vaamonde acabou sendo procesado e condenado a se converter no primeiro exiliado da democracia tras ser condenado a 6 anos e un día de cárcere por un delicto de inxurias á patria.

Xosé Miguel Alonso Boó presenta na Coruña o libro Suso Vaamonde, voz do trebón

O  Centro Galega de Artes da Imaxe acolle este luns, as 20 horas, a presentación da publicación "Suso Vaamonde, voz do trebón", de Xosé Miguel Alonso Boó. A obra está editada por Galicia en el Mundo. 

Suso Vaamonde naceu na aldea de Regodobargo, no municipio pontevedrés de Ponte Caldelas. Viviu a maior parte da súa vida vencellado a Vigo e Ourense.

Sendo adolescente Suso Vaamonde montou os seus primeiros grupos –un conxunto músico vocal de corte ye-yé chamado Los Copens– e un trío de claro marchamo galeguista chamado Marco Balorento. 

Recital de Suso Vaamonde no Festival de Solidariedade cos Traballadores de Astano no ano 1985, en Ferrol (A Coruña). / YouTube

Suso Vaamonde foi o mais vello de sete irmáns nunha familia cun pai comunista que lía o xornal monárquico ABC e unha nai irredutible e de armas tomar.

Enrolouse no mítico e lendario colectivo Voces Ceibes, artífices da chamada Nova Canción Galega. Cantou por todas as aldeas de Galicia, en escolas, teleclubes ou camposantos.

Suso Vaamonde realizou un froitífero labor de investigación e recolleita da música tradicional galega. E ata fundou A Roda.

Suso Vaamonde. / Mundiario

Suso Vaamonde. / Mundiario

Perseguido pola censura, Suso Vaamonde acabou sendo procesado e condenado a se converter no primeiro exiliado da democracia tras ser condenado a 6 anos e un día de cárcere por un delicto de inxurias á patria. 

Desarraigado e sen a súa familia, Suso Vaamonde estableceuse en Venezuela e regresou tres anos despois logo de pactar o indulto a cambio de pasar mes e medio no cárcere. Volveu aos escenarios e aos estudos de gravación onde rexistrou as músicas non so de corais e bandas senón tamén de grupos emerxentes do chamado rock bravú.

E, sobre todo, Suso Vaamonde puido completar grande parte da súa magna obra: musicar e popularizar aos poetas galegos, entre os que ocupan lugar sobranceiro os lugueses  Ese labor, por cuxo recoñecemento o autor lo libro "Suso Vaamonde, voz de trebón" está a promover que se  lle dedique o Día das Letras Galegas, abrangueu a 76 poetas, desde Celso Emilio a Manuel María, pasando por Ferrín, Graña, Cunqueiro, Neira Vilas, Darío Xohan Cabana, Manuel María, ou Uxío Novoneyra, ademais de a todos os clásicos. Moitos dos vates citados xa recoñeceron públicamente que a música do cantor conseguiu que os seus versos fosen máis coñecidos do que nunca poideran conseguir polos seus propios medios. 

A case 20 anos da súa desaparición, aparece a súa primeira biografia autorizada, na  que se da conta do periplo vital de este grande da música e da poesía galegas.

Suso Vaamonde. / Mundiario

Suso Vaamonde. / Mundiario

Xosé Miguel Alonso Boó (Donosti, 1955) –autor da publicación "Suso Vaamonde, voz do trebón"– é doutor en Comunicación, xornalista, escritor e músico.

É autor da novela “Abreviatura” (2006); do ensaio histórico “La Correspondencia Gallega e o desastre do 98” (2007); da tese de doutoramento “La mala prensa del eucalipto”, da que publicou unha versión amena e accesible en 2015, e das memorias “Manuel Rieiro: Cómo conquisté Brasil” (2015).

Veterano do periodismo, o polifacético Miguel Boó, como é coñecido, foi quen de fundar en 1984 unha banda de pop press chamada Esguince de Frenillo, na que exerceu de cantante moitos anos; de gañar premios teatrais como director e actor de teatro; ou de recibir a medalla Pedro Ernesto, de Río de Janeiro, sen deixar nunca de exercer a súa profesión de informador.

Miguel Boó foi redactor e colaborador de medios de comunicación como El Pueblo GallegoEl Pensamiento NavarroLa Repubique des PyrenéesNuestro TiempoLa Voz de GaliciaEl Periódico de CataluñaEuropa PressCambio 16GenteInterviúServimediaTerritorios e tamén MUNDIARIO... Ademais de fundar con outros profesionais o desaparecido Diario de Galicia, chegou a dirixir o Diario 16 de Galicia. @mundiario

Comentarios