A xestión do Ingreso Mínimo Vital está a ser un fracaso e a do RISGA tamén

Monedas y billetes de euros.
Monedas y billetes de euros.
De tránsito cara o que ten que ser unha Renda Básica Universal, cómpre unha Renda temporal unificada, de xestión autonómica e xestionada con todas as ferramentas dixitais.
A xestión do Ingreso Mínimo Vital está a ser un fracaso e a do RISGA tamén

Os gobernos do Estado e galego están a fracasar nidiamente a respecto da falla de cobertura das necesidades da cidadanía excluida, acrecentadas coa substancial redución dos ingresos de moitas familias logo dos confinamentos de marzo-xuño e –parcial-de outubro-decembro deste 2020.

 O goberno de coalición PSOE-UP dispuxo en maio deste 2020 a creación dun ingreso mínimo vital para todos os residentes do Estado español que careceran doutros ingresos. Dende o seu fondo descoñecemento da distribución de competencias administrativas  e medios materiais e personais  deste Estado plural decidiron que o Estado xestionase e pagase este ingreso. Cando a Administración do Estado non ten quen lle escreba. Os Ministerios só teñen altos cargos, subdirectores xerais e conselleiros e persoal subalterno. Nestas circunstancias, como se pode ser tan irresponsábel como para confiar nunha xestión de centos de milleiros, quizais até millóns, de beneficiarios, nunha inexistente Administración  do Estado?

 Mais a Xunta non ha ficar indemne desta xusta crítica. Porque as solicitudes da Renda de Integración Social Galega (RISGA) adoitan demorar tres ou catro meses até a súa concesión. Isto non ven de agora; ven de vello, quixais de pouco despois de asumir Feijóo a presidencia da Xunta. E non constitúe responsabilidade das traballadoras sociais, senón que é responabilidade da falla de xestión eficaz, duns protocolos axeitados, mesmo   dunha dixitalización pola que nunca apostou con clareza a Administración autonómica galega.

Estamos, pois, diante dunha conxuntura de urxencia vital que atinxe ducias de milleiros de familias galegas e para as que non hai respostas aqueladas de renda vital, as únicas viábeis das Administracións estatal e autonómica. Estamos, pois, diante dunha catástrofe humanitaria, porque dende a fin de marzo de 2020 os usuarios obxectivos   destas rendas multiplicáronse substancialmente.

 Semella que a primeira solución é de sentido común: suprimirmos as duplicidades de rendas no mesmo Estado. O Ingreso Mínimo Vital (IMV) haberá ser fusionado coa RISGA e ser transferido á Xunta, baixo o paraugas dunha normativa que garanta unha aplicación automática ás persoas e familias usuarias. E se cobran de máis “estafando” á sociedade? Pois daquela cumpriría amolarmos; peor foron as axudas á Banca que crebou e máis as subvencións públicas que non se recuperan das empresas en concurso de acredores. Se logo se recupera ben, senón á barra de xeo.

 É dicir, cómpre que a Xunta de Galicia centralice a xestión e pagamento dese Ingreso único de renda vital (logo de obter a transferencia condicionada dos recursos precisos dende a Administración do Estado), xestionándoo dixitalmente para garantir unha rápida resposta cos mínimos erros posíbeis.

 O dito é bo para tempos de conxunturas pandémicas. Mais, compre para o futuro dexergarmos esa Renda Universal que permitirá que as/os [email protected] sociais poidan pescudar as necesidade sociais e propór solucións, no canto de xestionar burocráticamente prestacións e axudas absurdamente adiadas ou preteridas no tempo. @mundiario

  

A xestión do Ingreso Mínimo Vital está a ser un fracaso e a do RISGA tamén
Comentarios