O Xefe de Oncoloxía do CHUS incidiu na importancia do investimento en ciencia

Rafael López, xefe de Oncoloxía da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago. / CRTVG
Rafael López, xefe de Oncoloxía da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago. / CRTVG

O líder do Grupo de Oncoloxía Médica Traslacional do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago, incidiu en que o futuro radica na personalización dos tratamentos.

O Xefe de Oncoloxía do CHUS incidiu na importancia do investimento en ciencia

O programa Bos Días da TVG recibiu hoxe ao dr. Rafael López, xefe de Oncoloxía da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago. Na entrevista con Marcos Sueiro explicou as últimas novidades no tratamento contra o cancro, baseadas nos tratamentos personalizados así como os mecanismos de prevención.

En primeiro lugar, López explicou que EE UU segue a ser referencia na loita contra o cancro e sinalou, recén chegado dun congreso en Chicago no que se debatero “as últimas novidades en técnicas, medicamentos ou experiencias clínicas”. Tamén salientou que “está xurdindo a inmunoterapia para tratar o cancro de pulmón” e que “un novo estudo permitirá evitar a quimioterapia ata no 70% as mulleres con cancro de mama”. Así mesmo, declarou que “o cancro xa non é unha enfermidade maldita, sálvase o 60% da xente”.

O doutor López, líder do Grupo de Oncoloxía Médica Traslacional do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago, incidiu en que o futuro radica na personalización dos tratamentos, xa que “cada cancro é distinto en cada persoa; antes o tratábamos como se todo fose igual pero hai que tratar os tumores de xeito diferenciado”.

Ademais, salientou a importancia da biopsia líquida como “técnica imprescindible para a oncoloxía de precisión” e alertou da necesidade da prevención para o que cómpre “ter un  hábito de vida saudable, non fumar, facer exercicio e comer ben, ademais de vacinas e revisións”. Arredor do tabaco, mesmo explicou que “se desaparecese o tabaco eliminaríanse o 30% dos casos”. Para rematar incidiu na importancia do investimento en ciencia, e explicou que “a metade dos fondos de investigación biomédica destínase a  oncoloxía, iso dará froitos no futuro”. @galiciamundiari

O Xefe de Oncoloxía do CHUS incidiu na importancia do investimento en ciencia
Comentarios