Vinte anos despois Xerais recupera a primeira novela de Xurxo Souto

Xurxo Souto, autor da novela O retorno dos homes mariños. / Mundiario
Xurxo Souto, autor da novela O retorno dos homes mariños. / Mundiario
Na cuberta de Javi Prieto está un retrato de Mercedes, hevicheira do Peruleiro, despois coñecida en todos os mares como Chiruca Macallás.
Vinte anos despois Xerais recupera a primeira novela de Xurxo Souto

Saúde e océano, Xurxo Souto (A Coruña, 1966) está de celebración: Xerais recupera –"XX anos despois, vinte anos de auga", di él– a súa primeira  novela: O retorno dos homes mariños, en Amazon neste enlace.

Na cuberta de Javi Prieto está un retrato de Mercedes, hevicheira do Peruleiro, despois coñecida en todos os mares como Chiruca Macallás.

"Medre o mar das mulleres do mar!", proclama Xurxo Souto en declaracións a edición GALICiA de MUNDIARIO.

Trátase da inquedanza colectiva de toda unha xeración: "Rapazas e rapaces da cidade. Os nosos pais viñeron da aldea. Nós nacimos na cidade-barco, medramos nos seus barrios, pero ninguén nunca nos falou do mar", observa Laura Rabiza. Faino diante a presenza rotunda "que nos chama na alta madrugada, cando cala o boureo dos seres humanos e só se escoita a súa voz: en Vigo di: Berbés, Berbés, Berbés...! Na Coruña repite: Orzán, Orzán, Oooorzán!."

Un autor polifacético

Xurxo Souto  é un escritor, cantante, acordeonista, actor, director e locutor galego. É licenciado en filoloxía clásica.

O labor que lle fixo máis popular foi a de líder e vocalista da banda de rock en galego Os Diplomáticos de Monte Alto entre 1990 e 2001, pero Souto desempeñou diversas ocupacións e cargos ao longo da súa carreira. @mundiario

Vinte anos despois Xerais recupera a primeira novela de Xurxo Souto
Comentarios