Os valores de liberdade cívica, cidadanía, paz, tolerancia e identidade nacional galega

Bandera de Galicia. / Xurxo Lobato
Bandeira de Galicia. / Xurxo Lobato

Son valores que han alicerzar a loita en Galicia contra as ideas da extrema dereita, cando resulta que nas vindeiras horas a extrema dereita visitará Galicia... 

Os valores de liberdade cívica, cidadanía, paz, tolerancia e identidade nacional galega

Sí, nas vindeiras horas a extrema dereita visitará Galicia. Haberíamos ser conscientes que os valores e ideas que veñen transmitir son totalmente opostos aos valores de liberdade,  tolerancia, racionalidade e sentidiño que latexan na meirande parte da cidadanía galega. Respectemos ás persoas,mais combatamos ferreñamente-sempre dende  a paz e non violencia- estas ideas caducas e extremistas.

Na nosa Galicia, somos en xeral respectuosos coas ideas dos demáis, co seu xeito de vida, coas súas lexítimas opción políticas, ideolóxicas, relixiosas, sexuais. No noso País as nais solteiras equipáranse en número as casadas, mentres só o 27% da poboación escolle a opción do financiamento á Igrexa Católica na declaración anual do IRPF o que facemos compatíbel cunha riqueza cultural de fonda ráigame cristiá e tamèn precristiá.

Somos o país do sentidiño e da acollida, o que adoptou ao britón Maeloc como bispo na Mariña, o que fundou Compostela sobre o eixo dunha rúa de negocios rexentados por francos. O que modernamente integrou milleiros de latinoamericanos (moitos con sangue galego) e caboverdianos como cidadáns tan galegos coma os de orixe, demostrando que a cor ou o nacemento non determinan a galeguidade, senón a vontade de vivir e traballar na Galicia.

Existiamos como reino  dende o sèculo V, cando os reis suevos formaron o primeiro regnum da Europa. Falamos unha lingua de noso dende o século X. Fixemos a Catedral, cocreamos a Europa moderna dende o Camiño de Santiago, abrimos o noso País ás civilizacións marítimas dende os nosos portos de Viveiro, Ribadeo, Noia, Baiona, Vigo. Muros, Coruña ou Ferrol. Construímos a nosa epopea da Galicia exterior, cando os nosos emigrantes, fillos do pobo, idealizaron a nsoa identidade nacional dende o alén e pagaron as fontes, camiños e escolas que o inxusto centralismo español nos negou.

Logo dun primeiro terzo do século XX que desenvolveu este país equiparándoo coa Europa que contribuimos facer, no 1936 a ideoloxía extremista do odio matou, roubou e reprimiu,  sometendo o Pañis a unha loonga noite de pedra onde se negaron as nosas liberdades  políticas, lingüisticas e culturais, a igualdade home ou muller ou o dereito á diferenza sexual. Tempos de tiranía e negación.

Despois de moitos anos, as vaguedades dunha transición limitada e contraditoria permitiron abrollar outravolta unha forza de extrema dereita que visitará Galciia nas próximas horas. Unha forza aliada coas outras dúas ponlas da dereita tripartita arredor dunha axenda imposta polos radicais extremistas de Abascal acríticamente repenicada por Casado, Alvarwz de Toledo, Girauta ou Casado.

Respectemos ás persoas, mais non permitamos branquear unha ideoloxía allea ao noso xorne, aos nosos valores, ao noso País. Cómpre tolar moi en serio a ameaza dunhas ideas e dun partido que non xogan no taboleiro democrático. As súas ideas extremistas non son benvidas. @mundiario

      

        

Comentarios