Valeriano Martínez: "Os 204 millóns do IVE servirán para recuperar o benestar"

Fran López Iglesias entrevista a Valeriano Martínez na TVG. / Mundiario
Fran López Iglesias entrevista a Valeriano Martínez na TVG. / Mundiario

O conselleiro de Facenda fixo unha análise da sentenza do Supremo sobre a devolución do IVE, que obriga a aboarlle ao Goberno galego uns 200 millóns pendentes da liquidación do 2017.

Valeriano Martínez: "Os 204 millóns do IVE servirán para recuperar o benestar"

Valeriano Martínez, conselleiro de Facenda, destacou que a devolución dos 204 millóns de euros do IVE é unha excelente noticia para toda Galicia. Agarda poder activar eses cartos canto antes e que o Goberno central non espere polas distintas sentenzas que quedan pendentes no Supremo para dispoñer deles canto antes. 

Nunha entrevista realizada polo xornalista Fran López Iglesias no programa Bos días, da Televisión de Galicia, Valeriano Martínez fixo unha análise da sentenza do Tribunal Supremo sobre a devolución do IVE, que obriga o Estado a aboarlle ao Goberno galego uns 200 millóns de euros pendentes da liquidación do ano 2017. Destacou que eses cartos teñen uns destinos moi concretos. Eses recursos servirían para poder reactivar todas as políticas que permitan recuperar o benestar que había antes da pandameia. Destacou que aínda estamos nunha situación moi difícil e que eses 204 millóns serán moi benvidos. Afirmou que será algo máis polo xuros de demora de pago tal e como reflicte a sentenza.

O conselleiro de Facenda agarda que con esta sentenza non se volva repetir algo semellante nos vindeiros anos. Valeriano Martínez afirmou que "a situación de impago onde se produce é durante o ano 2019 e que o goberno tivo tempo suficiente para arranxar esta situación". Dixo que "na sentenza queda claro que isto é consecuencia da actuación do Goberno central e non tanto do decreto onde se instituía o sistema inmediato de información da etapa Rajoy".

Valeriano Martínez tamén afirmou que o Goberno ten aínda dúas débedas con Galicia. Unha delas é polo cumprimento fiscal que a comunidade tivo durante os anos 2017 e 2018 pola que terían dereito a unha compensación, unha débeda, dixo o conselleiro, que sería duns 170 millóns de euros. En segundo lugar, destacou que "Galicia está saíndo prexudicada no repartimento dos fondos europeos e que recibiu 666 millóns de euros menos dos que lle corresponderían". @mundiario

Comentarios