Un 'condón' a bordo

La bandera de España en un barco. / Twitter
La bandera de España en un barco. / Twitter
Din algúns mariñeiros que hai barcos que sempre levan o 'condón' e que agochan este antes de entrar a porto.

Os pescadores do caladoiro nacional Cantábrico Noroeste recibiron con satisfacción a nova pola que se lles comunicaba estes días a aprobación pola Secretaría Xeral de Pesca do Ministerio de Agricultura e Pesca dun  incremento do 12,5% nas cotas de bonito e o intercambio de especies (250 toneladas de pescada sur) por 100 toneladas de peixe espada con Portugal, feito que non resultou da aprobación dos arrastreiros. Pero a opinión pública, en xeral, ficou absolutamente abraiada pola triste nova da existencia de pesca ilegal de moitas toneladas de cigala, carioca (pescada pequena) e xarda, que practicaron en días recentes non poucos barcos que faenan no citado caladoiro Cantábrico Noroeste.

No mar sábese destas ilegalidades. E aínda así, cálase. Pero os infractores coñecen sobradamente que os expedentes abertos pola Garda Civil difícilmente van ser cerrados antes de que as autoridades xudiciais tomen cartas no asunto. Todos están pendentes de sancións porque nuns e noutros casos, cigala, carioca e xarda foron capturadas con aparellos aparentemente legais que no seu interior levaban outro aparello de malla moi inferior que, coñecido popularmente como "condón", pesca todo canto se lle pon a tiro.

Carioca e cigala foron capturadas en Galicia pola Garda Civil e o Servizo de Gardacostas a barcos galegos. En Euskadi, un arrastreiro de Ondárroa foi fotografado cos aparellos xa izados a bordo, rebosantes de xarda ao parecer capturada co método do condón en augas de Francia. A fotografía chama a atención de propios e estranos nas redes sociais.

Non son todos os barcos do citado caladoiro Cantábrico Noroeste, pero os que utilizan o 'condón' non son, nen moito menos, poucos. Estes recorren á ilegalidade como recurso para gañar máis e sen en conta o dano que  causan ao caladoiro e os stocks aos que se dirixen. A xarda, no caso do arrastreiro basco, "caeu" como chovida do ceo porque son moitas as toneladas de peixe izadas a bordo dese xeito tan absurdo como é o uso do "condón" que fai que se reduzan os exemplares que quedan como reprodutores e que os prezos das vendas do peixe así capturado sexan tan baixos que da noxo sair a pescar.

Din algúns mariñeiros que hai barcos que sempre levan o 'condón' e que agochan este antes de entrar a porto. Se nas instalacións portuarias non se levan a cabo inspeccións a bordo, indirectamente estase a contribuir ao mantemento desa manifesta ilegalidade, porque o ollo de malla do aparello exterior, en nada ten que ver con do interior ou "condón".

Un armador da Costa da Morte dicíao ben claro: "Usar o 'condón' para pescar é un mal que debe ser erradicado de vez, como tamén debe facerse coa parella -barcos que navegan á par, separados un do outro uns 700 metros e que levantan 90 metros de altura, arrasando por completo canto hai no mar e sen diferenciar pesqueiras. O que lles sirve para a venda, tráeno ao porto. E o que non, guíndano ao mar. Isto non é pescar. Os mariñeiros xa non temos conciencia de clase". @mundiario

Comentarios