Últimos días para presentarse ao concurso de fotografía Xurxo Lobato: o plazo remata o luns 15

Xurxo Lobato. / TVE
Xurxo Lobato. / TVE
A Asociacion de Amigos do Instituto de Monelos da Coruña é a encargada de convocar o 16º concurso de fotografía Xurxo Lobato 2021.
Últimos días para presentarse ao concurso de fotografía Xurxo Lobato: o plazo remata o luns 15

A Asociacion de Amigos do Instituto de Monelos da Coruña é a encargada de convocar o 16º concurso de fotografía Xurxo Lobato 2021, polo que chama a participar ao alumnado de Bacharelato, Formación Profesional, ESO e a Escola de Arte de Galicia. Nado nun instituto público de referencia na cidade da Coruña, o de Monelos, este certame consolídase cun perfil propio, especializado en fomentar a fotografía entre os alumnos de ensinanzas medias, escolas de artes e formación profesional en Galicia. Quere contribuír ao desenvolvemento da linguaxe fotográfica na comunidade autónoma e fomentar a canteira de novos valores que opten pola fotografía como linguaxe de creación. Agora chegan xa os útimos días para presentarse ao concurso de fotografía Xurxo Lobato: o plazo remata o luns 15 de marzo.

O tema é libre. Poden presentarse en B/N ou cor un máximo 3 fotos por participante. Deben ser enviadas por correo electrónico, en formato dixital, a [email protected] E engadir DNI, idade, teléfono, enderezo, centro de estudo, cidade  e curso. Cada obra levará un titulo. O xurado estará formado por cinco expertos en arte e fotografía.

Os premios son: 1º premio de 250€ e e diploma, 2º de 150€ e diploma, 3º de 100€ e diploma, con accésits a criterio do xurado. O premio especial é para realización de un proxecto fotográfico dirixido por Xurxo Lobato. Coas fotos premiadas e seleccionadas farase una exposición itinerante. @mundiario

Últimos días para presentarse ao concurso de fotografía Xurxo Lobato: o plazo remata o luns 15
Comentarios