UGT: A recuperación económica debe ter repercusións sobre os traballadores

O secretario xeral de UGT Galicia, José Antonio Gómez. / CRTVG
O secretario xeral de UGT Galicia, José Antonio Gómez. / CRTVG

O líder de UGT Galicia valorou en primeiro lugar que tras o cambio de goberno “parece que se abre o cambio social e político no noso país”. 

UGT: A recuperación económica debe ter repercusións sobre os traballadores

O secretario xeral de UGT Galicia, José Antonio Gómez, estivo no Bos Días da Televisión de Galicia. Na súa entrevista con Marcos Sueiro, fixo un repaso pola situación laboral do noso país tras o cambio de goberno, facendo fincapé no tema das pensións.

O líder de UGT Galicia valorou en primeiro lugar que tras o cambio de goberno “parece que se abre o cambio social e político no noso país”. Gómez salientou que “as pensións teñen que incrementarse co IPC, é un dereito imprescindible que non pode depender dos vaivéns políticos”. Para garantir a súa subida, puxo como obxectivo combater o fraude fiscal e xerar novas medidas impositivas, “xa que as grandes empresas teñen que pagar moitos máis impostos que os traballadores”.

Gómez remarcou que “con crecementos do 3,1 % nos últimos trimestres, parece lóxico que esa recuperación repercuta nos traballadores, que foron os que máis sufriron a crise”. Segundo o secretario xeral de UGT, esta recuperación ten que basearse en dúas medidas principais: un incremento salarial do 3 % e garantir un salario mínimo de 1.000 euros ao mes.

Durante a entrevista, Gómez tamén falou do modelo produtivo español, do que dixo que “non pode asentarse só na construción e nos servizos, ten que apostar por un sector industrial potente”. Arredor disto sinalou a necesidade de reforzar a automoción e o téxtil e criticou os recortes en innovación e investigación. Para rematar, o líder de UGT Galicia fixo referencia á reforma laboral, da que dixo que “non deu resultado, só xerou máis precariedade e máis paro”, e manifestou que se precisa un Estatuto de Traballadores que garanta empregos de calidade e de futuro. @galiciamundiari

Comentarios