A TVG, líder de audiencia en Galicia

Alfonso Sánchez Izquierdo. / Mundiario
Alfonso Sánchez Izquierdo. / Mundiario

Os medios públicos galegos que dirixe Alfonso Sánchez Izquierdo sacan unha distancia de máis de cinco puntos ao segundo competidor, a privada Antena 3, segundo a CRTVG. Na faixa de Informativos, case duplica o segundo e é líder cunha cota do 27,6%.

A TVG, líder de audiencia en Galicia

A TVG lidera a primeira onda do EXM de 2018 en Galicia e tamén o fai no acumulado anual. O liderado da TVG en Galicia é absoluto no cómputo semanal nesta primeira análise do Estudio Xeral de Medios, feito público hoxe, acumulando unha cota do 18,7% de luns a domingo. A canle máis próxima, a máis de 5 puntos de distancia, é a televisión privada Antena 3, segundo informa a CRTVG a MUNDIARIO. Así mesmo, se os datos se miran só entre semana, de luns a venres, a TVG mantén o liderado xeral cunha cota do 19,7%. A canle máis próxima neste caso sitúase aínda a máis distancia, a  7,1 puntos.  

Na faixa de Informativos, as diferencias entre o primeiro e o segundo son aínda maiores. A TVG lidera cun 27,6%, case duplicando a segunda canle nesta escala, que é TVE, cun 15% de cota. Na faixa da noite, a TVG está por riba do 20% de cota en dous días da semana, os martes e os xoves.

Esta primeira onda do EXM permite pechar o círculo e facer a comparativa con respecto á primeira onda de 2017. Neste ano natural os datos reflicten, unha vez máis, o liderado sostido da Televisión de Galicia ante o resto de canles, tanto públicas coma privadas. Así, a TVG lidera cunha cota do 16,4% o cómputo semanal, con máis de 3 puntos de cota sobre a segunda. Algarismos semellantes reflíctense se a análise é de  luns a venres. Nesta faixa, a TVG tamén mantén o liderado cunha cota do 16,7% e a canle máis próxima sitúase tamén a máis de 3 puntos de distancia.

A Radio Galega Música sobe case un 36% con respecto á mesma onda do ano anterior, unha suba que se mantén ao analizar os datos anuais de luns a venres, onde Radio Galega Música acadou un incremento do 35%.

A grande aposta da Radio Galega para esta temporada irrompe "con moita forza" no escenario, segundo a CRTVG, compañía que dirixe Alfonso Sánchez Izquierdo. A audiencia respondeu ante a nova estratexia da canle, con máis voces, máis programas musicais especializados e unha lista de cancións renovada. Así, a Radio Galega Música sobe case un 36% con respecto á mesma onda do ano anterior, unha suba que se mantén ao analizar os datos anuais de luns a venres, onde Radio Galega Música acadou un incremento do 35%.

No cómputo xeral, a RG segue a ser a radio pública preferida polos galegos e mantén os datos de 124.000 oíntes en toda a semana, consolidando así o peche do ano anterior e experimentando un crecemento moi destacado nos novos proxectos. A cifra de oíntes da Radio Galega, analizando o intervalo de luns a venres, sitúase nesta primeira onda do EXM nas 135.00 persoas. @mundiario

A TVG, líder de audiencia en Galicia
Comentarios