Buscar

“A TVG é a canle con máis impacto de España”, salienta o seu director xeral

Nos datos destacou que a TVG rematou 2017 cunha cota de pantalla de 10,4%, só por detrás de TV3 entre as canles autonómicas.

“A TVG é a canle con máis impacto de España”, salienta o seu director xeral
Logo da TVG. / TVG
Logo da TVG. / TVG

Firma

Tatiana Ferrín

Tatiana Ferrín

La autora, TATIANA FERRÍN, es hispano-venezolana y tiene más de 10 años de experiencia en en medios digitales. Trabajó en diarios de Caracas (Venezuela) y Miami (Florida, EE UU) y ahora escribe en MUNDIARIO, donde también coordina la edición GALICIA y el área de Política. @mundiario

O director xeral da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo, compareceu na Comisión de Control mensual da CRTVG do Parlamento de Galicia para presentar a “Memoria de Servizo Público 2017”, que recolle un resumo das acción levadas a cabo pola Corporación o ano pasado.

Destacou Sánchez Izquierdo a fonda reestruturación interna da CRTVG para poder acometer o proceso de dixitalización que se fará efectivo no outono deste ano e que, entre outras cousas, supuxo un acceso a 20.000 horas de formación para os traballadores da CRTVG, un plan sen precedentes dentro da Corporación.

Nos datos destacou que a TVG rematou 2017 cunha cota de pantalla de 10,4 %, só por detrás de TV3 entre as canles autonómicas, e destacou que a TVG, segundo o último estudo da FORTA, “é a canle con máis impacto de España xa que case un 30 % dos galegos maiores de 4 anos contactan diariamente coa Televisión de Galicia”.

Salientou o liderado dos informativos cun 20 % de cota de pantalla na faixa do mediodía e que “xunto con La 1, TVG é a única das grandes canles que mellorou resultados con respecto ao ano anterior. E das dúas, a TVG é a que máis medra”.

Da Radio Galega, resaltou Sánchez Izquierdo os datos históricos do último EXM que eleva a 157.000 o número de oíntes da emisora pública, cun incremento do 13 % de luns a venres sobre a anterior onda e do 14 % de luns a domingo, e sitúa a Radio Galega Música no terceiro valor máis alto da súa historia. Sánchez Izquierdo contestou con estes datos as acusacións de desmantelamento do servizo público na Radio Galega sinalando que: ”Esta é a realidade da xestión. Levan meses xulgando e condenando a Radio Galega por un plan que aínda non empezou, non lle conceden nin o beneficio da dúbida, por sorte os profesionais da Radio Galega seguiron traballando en medio de todo este clima creado artificialmente ao seu redor e estes son os resultados”.

No tocante ás protestas de traballadores, Sanchez Izquierdo afirma que “esas manifestacións “son respectadas pola dirección da CRTVG”, e pide respecto tamén para os traballadores que non se manifestan e por riba de todo respecto para a CRTVG.

Ante a pregunta sobre a cobertura da manifestación da Mina de Touro, Sánchez Izquierdo ensinou no Parlamento fotografías que proban que as acusacións de que as imaxes da Praza do Obradoiro non se viron na CRTVG non son certas, neste senso dixo: “Este caso é como o caso da sentenza da Gürtel e os 40 segundos. Está probado que a duración da información foi de 5 minutos e 10 segundos pero, como no caso da Gürtel, no caso da Mina de Touro se segue a contar algo que non é certo e as probas están aí para que poida velas todo o mundo”. @galiciamundiari