Buscar

O transporte marítimo da fachada atlántica galega é ridículo comparado co Mediterráneo

Veterinarios públicos opuxéronse a ter en Galicia o PIF que montaron en Vitoria, porque non estaban dispoñíbeis as 24 horas precisas do punto de control sanitario. Calquera pudo ver pescada fresca chilena e namibia na lonxa de Vigo, case sangrando, procedente de Foronda.

O transporte marítimo da fachada atlántica galega é ridículo comparado co Mediterráneo
Lonxa de Vigo. / El Blog del Mar
Lonxa de Vigo. / El Blog del Mar

Firma

Xoán Dou

Xoán Dou

El autor, XOÁN DOU, es colaborador de MUNDIARIO, donde analiza la actualidad. @mundiario

Conta MUNDIARIO que Galicia produce viños, peixe, textil e cervexa que exporta desde outras comunidades. Como exemplos do que chama "puro surrealismo económico", explica que os seus viños non saen desde portos galegos, senón desde Bilbao; se exporta e importa peixe e marisco desde o aeroporto de Vitoria; o groso do textil distribúese desde Zaragoza e outras poboacións, e a cervexa tampouco pasa polo porto coruñés, xa que sae en camións.

O certo é que o transporte marítimo da fachada atlántica galega é ridículo comparado con calquera porto do Mediterráneo.

Esta éche unha historia algo longa. Sí, efectivamente, o país é o que é, e hai algúns que nen sequera son o que deben. Así, por exemplo, cando os vigueses precisaban importar pescado de calquera parte do mundo, onde pescaban, por exemplo pescada fresca chilena ou de Namibia ou calquera punto de Sudáfrica precisaban ter en Galicia, nun aeroporto, un punto PIF con licencia de inspección de perecedeiros, pero –e aqui ven a lindeza– os veterinarios públicos opuxéronse porque non estaban dispoñíbeis as 24 horas precisas do punto de control sanitario destas mercadorías.

Pola contra, desde Vitoria - Gasteiz, Foronda –co apoio de boa estratexia do goberno do PNV– dixo sí e dotaron o que funcionou durante case 20 anos como o primeiro punto de entrada de fresco do Estado. Logo chegaba a Vigo por camión.

Daquela calquera pudo ver pescada fresca chilena e namibia –tamén os de piscifactoría– na lonxa de Vigo, case sangrando, procedente de Foronda, pola vía indicada.

Hoxe esa corrente case desapareceu e Foronda usa o seu ponto PIF como fronteira de entrada de peixe fresco de Europa que entra por camión e segue por camión ás lonxas galegas. Tamén se exporta marisco por avión nas adegas dos avións de pasaxe pero é unha pequena corrente de bens de luxo. Non vai conxelado senón refrixerado.

Todo esto non vai en contra senón a favor da ineficacia dos responsabeis de consolidar as correntes de transporte de mercadorías desde Galicia, ben sexa por barco, estrada ou avión. @mundiario