Traballo e riqueza: redistribución ou colapso

Evolución del empleo en el sector de la edición en España (1996-2017). / Mundiario
Evolución do emprego no sector da edición en España (1996-2017). / Mundiario
No ano 2016 Galicia xa era quén de producir a mesma riqueza que en 2007 (antes da crise) pero cun 20% menos de horas de traballo (439 millóns de horas menos), indícase nesta análise publicada tamén en Tempos Novos.
Traballo e riqueza: redistribución ou colapso

Si o século XX demostrou que para alimentar a poboación dun país (e a mundial) xa non precisamos un 40% de agricultores senón apenas un 5%, o século XXI leva camiño (coa dixitalización, robotización e intelixencia artificial) de que suceda o mesmo co resto da producción material.

Nesas condicións vender a moto de seguir a facer medrar a tarta (o PIB), non só provoca un colapso ambiental (enerxía, recursos, cambio climático) senón que forza o colapso social: pois na realidade concentra a cada paso máis riqueza no 1% e na élite laboral, destrue as clases medias, precariza os empregos necesarios e provoca un crecente desemprego.

A alternativa – a medrar así– pasa por redistribuir o emprego social necesario e a riqueza xerada. Para eso conviría tomar boa nota de que:

> Non é certo que producir máis nos leve a vivir mellor, moitas das nosas necesidades só se satisfarán axeitadamente si producimos menos bens materiáis, máis duradeiros e con menos obsolescencia. E a cambio deso adicamos máis tempo (cada un e a sociedade) a servizos públicos e colaborativos. Redistribuir o tempo de traballo da sociedade doutro xeito: a tarefas hoxe non pagadas da casa ou do pro-común.

> A cada paso comprobamos que, para moitas cousas, a tecnoloxía e a enerxía empregadas nos permiten producir máis con menos traballo humano. Para producir o necesario hoxe podemos aforrar materiáis, enerxía e traballar menos. Hoxe non é preciso que todos traballemos 8 horas cinco días a semán, ou mesmo máis horas e que haxa parados. Abonda con facelo todos 6 ou menos horas.

> O traballo remunerado ten que deixar de ser, pouco a pouco, a principal ocupación das nosas vidas. A reducción de xornada debe ser incentivada e compensada (en ingresos) por unha renda social ó efecto. Eso permitirá liberar unba bolsa de traballo para incorporar ós excluidos.

> O conxunto de ingresos dunha persoa (laborais, renda social, servizos públicos) axustaránse non tanto a cantidade de traballo realizado senón a súa participación na creación de riqueza (nas empresas ou no común).

> O risco actual de pobreza (para parados, precarizados ou xubilados) ten como causa que a maior riqueza producida con menos ocupados se apropia polos donos e directivos do capital productivo. O sistema fiscal debe corrixir esa apropiación e garantir unha renda básica mínima persoal incondicional para todos. A eso deben contribuir de xeito especial as rendas xeradas nas actividades máis automatizadas (finanzas, enerxía, servizos dixitáis, ...)

Todo o anterior debera garantir que unha persoa independentemente do país, da rexión, da família, do xénero, da herdanza xenética, etc. ... que lle teña tocado en sorte, teña garantido o acceso ós bens e servizos para unha vida digna. Nunha sociedade decente.

Unha simulación para Galicia a partires do informe 21 hours Why a shorter working week can help  us all to flourish in the 21st century” (New Economics Foundation, 2010) que se inspira en parte das consideracións que preceden da como resultado as seguintes boas novas:

1º Que para o último dato fornecido polo Instituto Galego de Estatística de horas efectivamente traballadas en 2016 a cifra media semanal por ocupado era de 35 horas en Galicia.

2º Que ese ano 2016 xa eramos quén de producir a mesma riqueza que en 2007 (antes da crise) pero cun 20% menos de horas de traballo (439 millóns de horas menos).

3º Que si as horas traballadas en 2016 se repartisen entre toda a poboación entre 20 a 65 anos (parados, mulleres, etc.) abondaría cunha xornada semanal media de 22 horas en Galicia (a mesma cifra obtense para o conxunto de España) para obter o PIB actual.

Ehís a posibilidade e a escolla: ou redistribución do (menor) traballo necesario e da (maior) riqueza producida, ou colapso social por hiper enriquecemento duns poucos e risco de pobreza de a cada paso máis xente. @mundiario

–––––––

Nota final: o autor recoñece a súa débeda coa obra de André Gorz (que recomenda). O lector interesado pode ampliar o contexto (fiscal, institucional, etc.) destas propostas no recente libroCrítica del hipercapitalismo digital”, Catarata, 2019, nas páxinas 107 a 134.

Comentarios