Tolerancia cero co franquismo

Fraga e Franco. / Sermos Galiza
Francisco Franco e Manuel Fraga. / Sermos Galiza

A Coruña aproba a moción do BNG que insta a retirar a Manuel Fraga Iribarne o título de Fillo Adoptivo.

Tolerancia cero co franquismo

A petición da retirada de distincións honoríficas a ministros da ditadura franquista ten un longo recorrido na Coruña desde a aprobación en decembro de 2007 da chamada Lei de Memoria Histórica.

O Pleno de Ferrol aprobaba o 25 de abril unha moción para retirar a Manuel Fraga a distinción de Fillo Adoptivo (votos a favor de Ferrol en Común, PSOE e BNG, en contra do PP e abstención de Cs) e o Pleno da Coruña celebrado o 6 de maio aprobaba outra moción con 17 votos a favor (Marea Atlántica, PSOE e BNG) e 10 en contra do PP. 

O acordo da moción da Coruña insta o alcalde a presentar unha proposta de revogación, instruíndo expediente motivado, para retirar a Fraga a distinción de "Fillo Adoptivo", concedida na ditadura o 24 de decembrao de 1968, e a Laureano López Rodó o 15 de maio de 1972.

Un segundo acordo insta o alcalde a presentar unha proposta de revogación de disincións a alcaldes que participaron na sublevación militar e fascista de 1936, xogaron un papel destacado na represión ou ocuparon postos de responsabilidade na ditadura.

Esta é unha iniciativa do colectivo de presas e presos políticos na ditadura presentada en xaneiro de 2019 co manifesto "Non queremos ao 'camarada Fraga' como Fillo Adoptivo", apoiado por 50 historiadoras e historiadores. Tolerancia cero co franquismo. @mundiario

Comentarios