Tempo de debate sobre os pactos de reconstrucción en Galicia

Alberto Núñez Feijóo, Gonzalo Caballero y Ana Pontón, en el debate electoral. / Mundiario
Alberto Núñez Feijóo, Gonzalo Caballero e Ana Pontón, no debate electoral. / Mundiario
En Galicia, o pacto máis fácil é o do PP e o BNG, por unha sinxela razón, porque a día de hoxe non están condicionados por factores políticos externos como sí é o caso do PSdG - PSOE.
Tempo de debate sobre os pactos de reconstrucción en Galicia

Compre falar de pactos. A dirección do BNG, ao meu ver con grande intelixencia, apresurou a instar ao novo governo galego e as outras forzas políticas a reunirse para tentar de chegar a pactos de reconstrucción dos daños causados pola pandemia. Este tipo de pactos son moi apreciados pola cidadanía e é polo tanto o castigo por non seren quen de facelos pode ser grande para quen non estivese disposto.

O problema é que os pactos poden non ser a panacea que resolva os males da economía e a sanidade galegas. O relevante para superar a crise presente serán as medidas que se tomen e non que estas veñan derivadas ou non dun pacto ou acordo. Para afrontar problemáticas así existen varios tipos de medidas: neoliberais, conservadoras ou socialistas, ou algún tipo de misturas entre ambas,  por exemplo. Algunha das tres deberá ser a correcta, ou cando menos a que mellores resultados ofreza, e as outras dúas ben serán inocuas ou ben dañinas. Puidera ser tamén unha mistura das tres, pero seguiríamos no mesmo caso. Só unha mistura correcta de ambas –enton falaríamos dun novo paradigma de política económica de seu– terá os resultados previstos e o resto non.

Calquera pacto implica cesións polas partes e polo tanto é case seguro que o resultado vai ser unha mistura de políticas que sumarán algunhas exitosas e outras non. Ou a austeridade é certa ou o é o keynesianismo, pero misturadas ben puderan ter o mellor de ambas pero tamén o peor de ambas. En conclusión o pacto non é garantía de éxito nas políticas, salvo que como resultado del salgan as medidas correctas, algo que é  bastante improbable. O que si garante o pacto e que esas medidas sexan aplicadas de forma máis efectiva ao contar co concurso dos princiapis actores políticos. Pero lembremos tamén que é peor aplicar eficazmente unha mala política que non aplicar nada. O daño sería máis grande. Só en caso de acertar coas medidas sería netamente positivo o acordo.

Enton, para que se fan este tipo de pactos? O motivo é máis político que técnico. Serve para dar unha imaxe de unidade política a sociedade, que non perdonaría a inacción. Tamen serve para difuminar responsabilidades, no caso do gobernante, e para non dar imaxe de falta de cooperación no caso dos partidos opositores. Na miña opinión esto ten máis de simbólico, como foron os pactos da Moncloa, todo un referente cultural na nosa política durante muito tempo, máis que de concrecións prácticas. As conxunturas mudan moi rápidamente e muitas medidas son abandonadas ao pouco tempo for falta de recursos ou por manifesta falta de operatividade, como nos pactos da Moncloa. Pero deixan na sociedade a sensación de unidade e de que se está a facer algo, elevando súa moral e quizás só por eso poden merecer a pena.

No caso galego é moi probable que estes pactos vaian adiante dado que as tres forzas principais parecen dispostas a chegar a este tipo de acordos. Se cabe o pacto máis fácil é o do PP e o BNG, por unha sinxela razón, porque a día de hoxe non están condicionados por factores políticos externos como sí é o caso do PSdG - PSOE. Os acordos que involucren a este partido deberán ser “consultados” dunha forma ou outra co Goberno central, por si estos interfiren coas liñas políticas adoptadas por este, ou por simple conveniencia política. No caso dos outros dous partidos entendo que o pacto é fácil a pesar das diferenzas ideolóxicas, porque o BNG é unha forza autónoma de seu e o PP o é de feito nas actuais circunstancias  políticas, máis entendo que vai ser máis unha escenificación, como xa dixen positiva, que un acordo con potencial real de desenvolvimento. @mundiario

Comentarios