Tellado: “Galicia cre no PPdeG e os que non o fan miran a Podemos porque non confían no PSOE e no BNG”

Miguel Tellado. / PP de Galicia
Miguel Tellado. / PP de Galicia
As enquisas reflicten que, se hoxe houbese eleccións ao Parlamento, a vitoria dos populares galegos sería por maioría absoluta clara.
Tellado: “Galicia cre no PPdeG e os que non o fan miran a Podemos porque non confían no PSOE e no BNG”

O secretario xeral dos populares galegos, Miguel Tellado, valorou as enquisas publicadas estes días e manifestou que, se hoxe houbera eleccións ao Parlamento de Galicia e ao Congreso dos Deputados, o PP sería primeira forza política e podería formar Goberno. No caso de Galicia, salientou que sería cunha maioría absoluta clara, polo que agradeceu aos cidadáns por seguir confiando no proxecto que representa o seu partido e Alberto Núñez Feijóo.

Miguel Tellado incidiu en que as enquisas reflicten tres cousas: primeiro, que o PPdeG, que tivo que afrontar a xestión da pandemia sanitaria, económica e social, mantén o respaldo da cidadanía na Comunidade; segundo, din que “os que non cren no noso proxecto están a buscar alternativas extraparlamentarias en Podemos porque BNG e PSOE non ofrecen garantías aos votantes de esquerdas”; e terceiro, evidencian que o Partido Socialista baixa en Galicia –segundo as enquisas autonómicas– e que o BNG baixa cara ás eleccións xerais –como amosan as sondaxes nacionais–.

O número dous dos populares galegos fixo fincapé en que, do mesmo xeito que o Executivo de España xestionou a pandemia e está a perder apoios en todas as sondaxes coñecidas, o PPdeG tamén tivo que afrontar os retos derivados do coronavirus pero, en cambio, está a manter a confianza cidadá. “A pandemia non desgasta a todos os Gobernos. Só aos malos”, subliñou.

Como explicou Miguel Tellado, no medio dunha pandemia na que a xestión é moi complicada, o normal sería que un Executivo que ten competencias en Sanidade, Educación ou Política Social sufra un desgaste, pero iso non sucede nesta comunidade. De feito, ademais de verse o apoio ao Goberno autonómico, manténdose nuns niveis moi elevados e cunha moi boa valoración xeral da Xunta, os cidadáns valoran moi positivamente tanto a Sanidade como a Educación, despois do ano máis difícil para ambas: “Os galegos séntense máis orgullosos que nunca dos seus servizos públicos”. @mundiario

Comentarios