A tarxeta de transporte "Pass Vigo" é unha iniciativa ilegal

Ethel Vazquez durante la entrevista con Marcos Sueiro. / CRTVG
Ethel Vazquez durante a entrevista con Marcos Sueiro. / CRTVG

Segundo a conselleira Ethel Vazquez, esta iniciativa é discriminatoria, e foi implantada por criterios exclusivamente territoriais.

A tarxeta de transporte "Pass Vigo" é unha iniciativa ilegal

Ethel Vazquez, conselleira de Infraestruturas e Vivenda, sinalou durante unha entrevista concedida ao programa "Bos Días" de CRTVG que a tarxeta “Pass Vigo”, denunciada nos tribunais polo Concello de Redondela por esixir que os seus usuarios estean empadroados en Vigo, é “unha iniciativa discriminatoria e ilegal que Caballero intentou implantar por criterios exclusivamente territoriais".

Respecto do Plan de transporte público de Galicia presentado a finais de abril, Ethel Vázquez destacou que “superadas as primeiras tensións, co diálogo entre todas as partes, conseguimos que Galicia non quedara nin un día sen transporte, e cun plan bo para os usuarios e para os 5.000 traballadores do sector”. Tamén aproveitou para chamar a atención sobre o feito de que o transporte en autobús escolar compartido tivo xa máis de 90.000 usuarios desde o inicio de curso.

A conselleira abordou a cuestión da obra do AVE a Galicia, ”que porá o traxecto de Lugo a Madrid en menos de catro horas” e aclarou que “temos o orzamento necesario para avanzar e unha folla de ruta clara, programada”. Ao respecto da posibilidade dun novo corredor de mercadorías e da xuntanza mantida con representantes do Eixo Atlántico, declarou que “o corredor ferroviario" chegaría "desde Palencia a Ourense e ata os portos de Vigo e A Coruña”. @galiciamundiari

Comentarios